Configuración xeral

Configuración xeral

Premendo no Botón Configuración accederemos a un conxunto de posibilidades de configuración. So sinalaremos as que consideramos máis salientables:
  1. Configuración xeral
    Nome da Galería: Centro de marras
    Descrición da Galería: Galería de Imaxes
    Correo-e do Administrador da Galería= centrodemarras@edu.xunta.es
    URL do cartafol da túa galería coppermine (sen 'index.php' ou similar ó remate) =http://centros.edu.xunta.es/centrodemarras/galeria
    URL da túa páxina de inicio= index.php

     

  2. Eliximos idioma galego.
    • Posiblemente non cambie de idioma, entón teremos que ir á carpeta Langs e cambiarlle o nome ao arquivo galician.php e renomeámolo como spanish.php

     

  3. Visualización de lista de álbums:
    • O contido da páxina principal=breadcrumb/catlist/alblist/
    • Aquí podemos elixir o número de columnas de álbums que se poden ver. Por defecto son 2. Tres tamén pode ser un bó número pero catro columnas xa nos crean barras de desprazamento horizontais.
    • as categorías poden ordenarse e os albums tamén. Cada un no seu menú.
  4. Configuración de arquivos e miniaturas:
    • Tamaño máximo de envío: 1024 kb
    • Ancho ou alto máxino de miniaturas: 800
    • Auto-redimensionar imaxes que sexan maiores do ancho ou alto máximos: si a todos

    Deste xeito asegurámonos uns tamaños aceptables de imaxes xa que a aplicación redimensiona as imaxes enormes a un tamaño máximo de 800x800

  5. Configuración de arquivos e miniaturas:
    Método para o redimensionado de imaxes GD Versión 2.x
Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16