Creación de bloques

Creación de bloques

(Extraído da propia Websdinámicas)


bloques

"Propoñemos crear menús baseándonos nas taxonomías. Facémolo así porque Drupal dispón de uns módulos que nos van a permitir crear eses menús e controlar o acceso a eles tanto para publicar como para ver ou editar os seus contidos. O proceso é un tanto laborioso pero sinxelo unha vez entendido..."

Proceso:

1. O primeiro paso será a creación dunha Categorías (p.e. Inventos) e dos seus termos (Antigos, Modernos).

2. Un segundo paso é a creación dun menú que deberá ter o mesmo nome que a categoría creada no paso anterior (Inventos). Aínda que non é obrigatorio que se teña que chamar igual, este feito facilitará moito as labores de administración e mantemento da páxina, sobre todo para o futuro. IMPORTANTE: simplemente teremos que crear o menú e non deberemos de engadir ningunha opción de menú.

3. Agora deberemos de realizar a "conexión" entre os dous pasos anteriores, de tal xeito que teremos que asociar a categoría co menú correspondente (categoría <=> menú). Antes de nada debemos de indicarlle á plataforma que a categoría creada no paso 1 vai a "convertirse" en menú. Para isto deberemos de ir á opción Administrar > Configuración da páxina > Taxonomías - Menú. Neste apartado observaremos todas as categorías do noso sitio Web e todas elas presentarán dúas opcións para seleccionar: Non ou Normal. Por defecto está seleccionada a opción de Non, o que indica que esa categoría NON vai a converterse en menú (e dicir, non poderemos crear un menú con ela). A opción que nos interesa seleccionar é Normal, para que deste xeito esta categoría se poida converter en menú. [Este paso é unha novidade que presenta o Drupal a partires da versión 5.7, actualizada recentemente].

4. Imos ao apartado Administrar > Construcción da páxina > Menús. Nesta sección buscaremos o menú de Navegación (o último da lista) e nel buscaremos a categoría creada no paso 1 (neste caso a categoría "Inventos"). Observaremos que dela xa colgan os termos correspondentes creados tamén no paso 1. Prememos sobre o botón Editar situado na fila da categoría e, unha vez na ventana de edicición, buscaremos na opción "Elemento pai" o menú que lle corresponde (Inventos), creado no paso 2. Comprobamos que as dúas opcións seleccionadas coinciden (Inventos <=> Inventos) e prememos sobre o botón "Enviar".

5. Unha vez asociados a categoría co seu menú, na lista de menús iremos sobre a liña da categoría para premer agora sobre a opción "desactivar" para evitar que posteriormente se repitan na páxina o nome do Menú e o nome da Categoría.

6. Finalmente iremos a opción de Bloques para decidir onde queremos situar o novo bloque que xa aparece automaticamente e leva o mesmo nome que o menú creado no paso 2 (Inventos). Decidimos entón se o situamos no lateral dereito, esquerdo... así como o peso que debe ter para posicionalo máis arriba ou abaixo na web.

Con isto xa temos o proceso concluído e xa debe de aparecer na nosa páxina. Posteriormente quedaría o tema dos permisos, xa que unha vez creado un novo menú (categoría, termos, menú e bloque) deberemos de ir ao apartado Administrar > Mantemento de usuarios > Taxonomy Access: permission para determinar e establecer os permisos que terán os diferentes roles que teñamos creados para acceder a esta sección.

¡SORTE!




Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16