Inicio de Sesión e Menú de usuario

Inicio de Sesión e Menú de usuario


Para proceder a engadir contido na plataforma, é necesario ter unha conta de usuario previamente creada na plataforma cun Rol adxudicado. A plantilla preconfigurada por defecto non permite o rexistro de usuarios novos,polo que será o Administrador do sistema quen nos deba dar acceso.

O primeiro paso de todos, é o Inicio de Sesión. Con isto, accederemos á plataforma co noso usuario (Login) e o noso contrasinal (Password):

iniciar sesión

Tamén pode ser que en vez dese bloque, atopemos algo parecido a esto:

acceso

En caso de esquecer o contrasinal, o sistema danos a oportunidade de cambialo, solicitando un novo de xeito automático. Para iso, debemos premer en “Solicitar un novo contrasinal” e tras identificarnos co noso correo electrónico, recibiremos vía e-mail un novo password.

Unha vez introducidos os nosos datos, aparecerá ante nós o Menú de Usuario:

(Aviso: Este menú pode variar amplamente entre a web dun centro e outro; dependendo do que o administrador configure).

menu


1. Articles: Lista na pantalla una clasificación dos artigos publicados, ordenados de forma xerárquica.
2. A miña conta: Nesta opción, accederemos á páxina de configuración do perfil do noso usuario. Poderemos cambiar os nosos datos e diversas opción de configuración persoalizables, entre as que destacan o cambio de contrasinal, a selección do idioma da plataforma, ou a aparición ou non de certos bloques de usuario.
3. Crear contido: Desde esta parte do menú comezaremos a engadir os diversos tipos de contido (nodos) na páxina web.
4. Webforms: Os webforms poden considerarse cuestionarios; desde aquí visualizaremos e accederemos aos que se teñan engadido á web.

Última modificación: Xoves, 13 de Xullo do 2017, 09:16