Foro da Aula Virtual

 
 
Imaxe de Antonio Cernadas Garrido
estou enfermo
por Antonio Cernadas Garrido - Domingo, 25 de Outubro do 2009, 21:38
 

Ola,Juan:

Son Antonio e quero decirche que estou con febre e como non podo ir ao colexio,poderías mandarme os deberes que facedes en clase?

 
Juan Casado
Re: estou enfermo
por Juan Casado - Luns, 26 de Outubro do 2009, 10:40
 
Ola Antonio,

Ante todo, mellórate. Hoxe temos 4 ausencias incluindo a túa. Debe haber un virus forte...

De momento estivemos traballando matemáticas; como é un tema máis ben doado (multiplicación) aproveitamos para repasar as propiedades conmutativa e asociativa, correxindo o que tiñamos pendente.

Explicamos a propiedade distributiva; isto coido que sí que é novo para vos, ademáis vimos os contidos da páxina 30 (Expresións con varias operacións).

Nerea ofreceuse voluntaria para levarche as tarefas. Se ves que estás con febre, non te preocupes por elas. Xa as farás cando te mellores. A prioridade é sempre a saúde!
Imaxe de Antonio Cernadas Garrido
Re: estou enfermo
por Antonio Cernadas Garrido - Martes, 27 de Outubro do 2009, 17:39
 

Ola Juan,que tal? Eu hoxe xa estou mellor,pero aínda non podo ir ó "cole".

Gracias por mandarme os deberes e contestarme a mensaxe. Gustaríame que me mandaras os deberes que facedes na clase se é que podes e tes tempo.

Ata pronto

Juan Casado
Re: estou enfermo
por Juan Casado - Martes, 27 de Outubro do 2009, 19:00
 

Ola Antonio!

Alégrame saber que xa estás mellor, e descubrir igualmente que non perdes o sentido do deber nin as ganas de seguir participando nesta aula virtual ;-)

As tarefas envíochas mañá por un compañeiro ou compañeira; onte brindouse Nerea voluntaria e supoño que mañá igualmente o fará do mesmo xeito.

De momento, convídote (se é que te sintes con ganas) a que participes neste mesmo foro tal cual fixeron hoxe os teus compañeiros contándonos cal sería a túa idea para realizar unha posible excursión este ano, de xeito similar á que levamos a cabo hai dous anos cando foramos a Coruña. Iso si, pediríache que escribiras un párrafo "en condicións"... Hoxe tiñamos problemas na rede, e non foi posible levar a cabo unha tarefa moi destacable por parte dos teus compañeiros. Seguro que en breve xa contan moitas máis cousas!!

Moito ánimo, e mellórate!

me gusta esta imaxe
Re: estou enfermo
por Carlos Reboredo Diego - Mércores, 28 de Outubro do 2009, 10:49
 
Juan, ¿Y quienes son esos 2 restantes que faltaron a clase a parte de nosotros dos?
me gusta esta imaxe
Re: estou enfermo
por Carlos Reboredo Diego - Luns, 26 de Outubro do 2009, 15:19
 
Ola Antonio, espero que te mellores, eu tamén estaba antes un pouco tocado, tiña febre a 38 grados, espero que te mellores.
Imaxe de Antonio Cernadas Garrido
Re: estou enfermo
por Antonio Cernadas Garrido - Martes, 27 de Outubro do 2009, 18:04
 

Ola Carlos,eu me atopo mellor e non teño febre dende a noite do luns o martes.

Mellorate amigo!

me gusta esta imaxe
Re: estou enfermo
por Carlos Reboredo Diego - Mércores, 28 de Outubro do 2009, 10:44
 
Eu tamén espero que te mellores Antonio, coidate.
me gusta esta imaxe
Re: estou enfermo
por Carlos Reboredo Diego - Mércores, 28 de Outubro do 2009, 10:47
 
Sei que estás ben, pero ata que o virus non se vaia non podes ir a clase, porque se faltan dous enfermos e van a clase... !Vai e faltan 6 nenos¡
me gusta esta imaxe
Re: estou enfermo
por Carlos Reboredo Diego - Mércores, 28 de Outubro do 2009, 10:41
 
Escoita, se naide se ofrece eu me ofrezo voluntario para pasarche os deberes polo foro, se naide te os deu