Benvidos á aula virtual do CEIP A Sangriña. Estou seguro de que ides aprender moitas cousas aqui. ¿Apetécevos contar algo? Aqui tedes o voso sitio. Adiante, pasade sen chamar... xa que esta aula está aberta 24 horas ao día.Nunca pechamos!!!
Foro da Aula Virtual
Hola profe, que tal?...eu estou moi contenta de que me tocaras de profesor aunque seguro que tamen te queren como profesor
adios.
adios.
Bos días Xoan, Nestes momentos estou deixando a Carlos traballar na páxina do colexio, e é o unico e derradeiro sitio que lle vou a permitir ata que remate o castigo.
Unha aperta Miguel.
Ola Miguel:
Encantado de poder comunicarme contigo por aquí. Esta é precisamente unha das metas do emprego da aula virtual que de momento non conseguimos potenciar: o fomento de comunicación familias-profesores.
Con respecto ao "castigo", non sexas moi duro con el, ¡xa leva dous días mellorando moito a súa conduta!.
Aqui, o teu fillo poderá reforzar moitos contidos traballados en clase dun xeito moito máis lúdico. O foro empregarémolo como vía de comunicación, xa que é unha ferramenta magnífica para comprobar as melloras na redacción e expresión escritas. ¿O mellor? Aquí os rapaces non poden romper nada! Deixa que experimente, xa que esta é unha das melloras formas de aprender... e de formarse como persoas adultas.
Un saúdo!