Foro da Aula Virtual

 
 
Juan Casado
Tarefas 25/02/2
por Juan Casado - Xoves, 25 de Febreiro do 2010, 13:03
 
Para os que faltades hoxe, aproveito o foro (e o wifi...) para indicarvos as tarefas:

  • Matemáticas:
    • Páx. 100: ex. 10,11,12.
    • Páx. 101: ex. 13, 16,17,18.
  • Lingua galega:
    • Páx. 103: ex. 1,2,3,4.
  • Coñecemento do medio:
    • Páx. 105: ex. 1,2,3.
    • Páx. 107: ex. 1,2,3,4,6.

Mellorádevos pronto!
 
Imaxe de Nerea Portela Riveiro
Re: Tarefas 25/02/2
por Nerea Portela Riveiro - Xoves, 25 de Febreiro do 2010, 20:36
 
Hola Juan, xa correxistes os examenes de castelan? Gracias polos deveres, pero, o unico que podo facer, son os de galego, por que é o unico que teño na casa. O examen de coñe vaise a facer, no ordenador?
Imaxe de Nerea Portela Riveiro
Re: Tarefas 25/02/2
por Nerea Portela Riveiro - Venres, 26 de Febreiro do 2010, 13:54
 
Oxe hai deveres?
Juan Casado
Re: Tarefas 25/02/2
por Juan Casado - Venres, 26 de Febreiro do 2010, 21:35
 
Deberes con "B", Nerea... ou tarefas se prefires. Tamén poden ser coñecidas neste caso como "Actividades de reforzo" ou "consolidación" en función da necesidade de consecución de obxectivos segundo a retórica didáctica... :-/ Sexa como sexa, debe ir ben escrito... :o)

Hoxe rematamos de corrixir as tarefas de onte de coñecemento do medio e comezamos o tema 10, falando dos volcáns e os terremotos. Coma sempre, espero un esquema e un resumo feito. Lembra que podes empregar a web habitual http://bubbl.us como facemos en clase, e pegalo unha vez feito no teu caderno. (Xa podemos dar un pasiño máis nos hábitos de estudo, ¿non? ;-) )

Mellórate, e alégrome que recibiras as "apertas, bicos e achuchóns" a través da túa nai.

Ata pronto!