Actividade: Crear preguntas de emparellar

Crear preguntas de emparellar

          As preguntas de emparellar prantexan un enunciado e invitan ó alumno a relacionar unha serie de elementos ‘pregunta’ con múltiples elementos ‘resposta’, de tal xeito que uns e outros rematen emparellados.

          Para crear unha pregunta de emparellar hai que segue-los seguintes pasos:

1. Escoller [Emparellar] no despregable [Crear unha nova pregunta].

2. Darlle á pregunta un nome descriptivo.

3. Escribir un enunciado que indique ó alumno os elementos que ten que emparellar. Pódese engadir unha imaxe á pregunta.

4. Engadir cada elemento ‘pregunta’ co seu elemento ‘resposta’. O número de parellas a incluir na pregunta non pode ser menor que 3 nin maior que 10.

5. Garda-los cambios e engadir a pregunta á categoría elixida.

          Moodle amosará os elementos ‘pregunta’ nunha columna e a continuación outra columna con menús despregables (un por elemento da primeira columna) con tódalas respostas posibles para que o alumno escolla en cada caso a que corresponda.