Actividade: Crear preguntas numéricas

Crear preguntas numéricas

          As preguntas numéricas son un tipo de preguntas de resposta curta para fórmulas. Pódense crear preguntas en base a unha ecuación para que os alumnos contesten cun valor numérico. O profesor tamén poderá establecer un intervalo de erro para a resposta.

          Para crear unha pregunta numérica hai que segue-los seguintes pasos:

1. Escoller [Pregunta numérica] do menú [Crear una nova pregunta].

2. Dar un nome descriptivo á pregunta.

3. Escribi-la ecuación ou a pregunta numérica a resolver. Se é preciso, incorporar unha imaxe. Moodle dispón do filtro Tex para incorporar fórmulas complexas ó texto; este filtro traballa cunha sintaxe algo incómoda para os non familiarizados con ela polo que unha imaxe pode ser mellor opción se non pertencemos a ese grupo de persoas.

4. Introduci-la resposta correcta.

5. Introduci-lo erro aceptado, un rango por encima ou por debaixo da resposta correcta. Para unha resposta de valor 7 no que 6 e 8 se aceptan, o erro aceptado sería de 1.

6. Opcionalmente pódese inclui-la unidade de medida do resultado, podéndose aceptar como válidas respostas en unidades múltiplo/divisor da dada (por exemplo: 0,001t = 1kg = 1000g).

7. Engadir os reforzos oportunos á resposta.

8. Gardar cambios e engadi-la pregunta á categoría para a que foi creada.