Actividade: Crear preguntas de opción múltiple

Crear preguntas de opción múltiple

          Moodle proporciona ó profesor gran flexibilidade á hora de crear este tipo de pregunta. Pódense crear preguntas nas que só unha resposta é correcta e outras nas que múltiples respostas son válidas.

          Para crear una pregunta de opción múltiple temos que elixir esta opción no despregrable [Crear unha nova pregunta] da páxina ‘Editando un cuestionario’ ou do sitio de xestión de preguntas ó que se accede facendo clic en [Preguntas] dentro do bloque ‘Administración’.

        Logo seguimos os seguintes procedementos:

1. Elixi-la categoría á que pertencerá a pregunta.
2. Enche-lo campo ‘Nome da pregunta’ cun nome representativo da mesma (‘pregunta_1’ non é un bo nome).
3. Escribi-lo texto da pregunta.

· Á hora de engadir unha imaxe á pregunta dispoñemos de dúas alternativas:

i. Seleccionar unha imaxe do cartafol de arquivos do curso mediante o despregable [Imaxe a amosar].
ii. Mediante o editor WYSIWYG de Moodle facendo clic na icona ‘Imaxe’ (Engadir Imaxe).

4. Escoller se a pregunta terá unha ou máis respostas válidas.
5. A continuación débense engadi-las posibles solucións á pregunta. Para cada posible resposta pódense incorporar reforzos que o alumno recibe no momento de responder, e o que é máis importante, un peso (porcentaxe) que será o que determine se a resposta é correcta. Dependendo do número de respostas correctas asignamos un peso do 100%, mentres que tres respostas correctas terían un peso de 33,33% cada una. Moodle incorpora a posibilidade de que as respostas incorrectas tamén resten un peso á cualifición das preguntas.
6. O facer clic no botón [Gardar cambios], a pregunta queda incorporada á categoría indicada.

         Un tipo especial de pregunta de resposta de opción múltiple son as preguntas de ‘verdadeiro e falso’.