Actividade: Edita-lo perfil de usuario.

Edita o teu perfil de usuario

Nesta actividade editarás o teu perfil de usuario.

0. Accede ó perfil segundo o indicado no artigo "Edita-lo perfil de usuario".
1. Pon o teu nome completo (nome e apelidos) se non estiveran xa.
2. Revisa o enderezo electrónico e corríxeo se estivese mal. É moi importante que esta información sexa correcta.
3. Indica se queres que o enderezo electrónico sexa visible a tódolos usuarios.
4. Establece o tipo de resumo de correo para que o sistema envíe as intervencións que teñan lugar nos foros ós que estés inscrito.
5. Establece o campo "Cando edite texto:" na opción "Usar editor HTML" se on estivese xa activada. ISto fará que usemos un editor con capacidade de dar formatos de xeito doado cada vez que editemos texto.
6. Pon no campo "Descripción" algunha información persoal como o centro no que traballas, os niveis educativos nos que impartes docencia ou calquera outro dato de interese.
7. Sube unha imaxe ó perfil.

- Prepara primeiro a imaxe converténdoa a formato JPG ou GIF. Procura que o tamaño da imaxe non sexa moi grande, o sistema podería rexeitalo. O ideal é que sexa cuadrada de 100x100 pixels.
- Pulsa sobre o botón "seleccionar" (ou examinar), que localizarás de xeito doado por similitude coa seguinte imaxe:

elixir imaxe perfil

escolle a imaxe a subir desde a súa ubicación no disco duro (ou outra ubicación) no teu ordenador. O sistema axustará a imaxen a 100x100 pixels.

8. Para rematar, fai clic no botón "Actualizar a información".