Esquema de tema

  • Xeral

    Os Números Romanos


    numeros romanos

    Os romanos formaron un imperio que se estendía por case toda Europa e o norte de Africa.

    Os pobos sometidos aprenderon deles o seu modo de vida, os seus costumes, a súa lingua chamada latín, a súa escritura e tamén o seu sistema de numeración.

    Trala desaparición do Imperio Romano, nos séculos posteriores algunhas das cousas aprendidas dos romanos permaneceron, aínda que foron cambiando. Así nós, actualmente falamos Galego ou Castelán que é Latín evolucionado e ao escribir seguimos utilizando letras latinas. Pero outras cousas aínda que permaneceron varios séculos, despois desapareceron. Así pasou co sistema de numeración romano: substituíuse polo sistema de numeración arábigo, que provén da India e o estenderon os árabes, e é o que empregamos agora que é moito máis fácil de manexar.

    Actualmente vemos e utilizamos números romanos en moi poucas ocasións: para nomear os séculos, nos actos e escenas dunha obra de teatro, na designación de olimpíadas, congresos e certames, na numeración de reis,emperadores e papas, en inscricións antigas, en reloxos antigos...

    • Tema 1

      Numeración romana:

      É un sistema de numeración que usa letras maiúsculas ás que se asignou un valor numérico.

      Este tipo de numeración debe utilizarse o menos posible, sobre todo polas dificultades de lectura e escritura que presenta.

      Úsase principalmente:
      • Nos números de capítulos e tomos dunha obra.
      • Nos actos e escenas dunha obra de teatro.
      • Nas nomes de papas, reis e emperadores.
      • Na designación de congresos, olimpíadas, asembleas, certames...