Skip to Content

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Letras Galegas 2024: Festival de Arteixovisión

Un ano máis quixemos celebrar as Letras Galegas cun festival musical.

"Unidos pola música" continúa a ser o noso lema.

É a música galega a que nos une.

Por iso, o alumnado do cole escolle as súas cancións favoritas en galego para cantalas neste festival.

E, para recordalo, temos este vídeo. Pincha na imaxe e abrirase unha nova ventá:

 Se queres ver algunha das actuacións en concreto (ten paciencia para que cargue), avanza cara o minuto: 

00:40 - FUN AO MERCADO (4º-5º infantil)
03:30 - XIRAREI NOW (2º primaria)
07:00 - A TORMENTA DOS PASOS ERRANTES (6º EP)
11:30 - O MOUCHO (1º primaria)
14:30 - POBO DE ARTISTAS (4º primaria)
19:30 - AI! HO! GALEGO (6º infantil)
22:55 - TRIBO (3º primaria)
26:40 - AIRE (5º primaria)
30:30 - TATARAVOA (profes e alumnado)

Día de Rosalía 2024

Botamos a vista atrás para facer un repaso das actividades que levamos a cabo no EDLG durante este curso 23-24.

Para o día de Rosalía aprendemos a situar no ceo a estrela que leva o nome desta autora e enchemos os corredores con constelacións formadas polos versos dos seus poemas.

Queres velo? Pincha sobre a imaxe:

 

FillAs de Breogán 2024

Continuamos un curso máis adiante con este proxecto que leva por nome FillAs de Breogán e que ten como obxectivo dar a coñecer a labor de mulleres galegas que destacan nun eido concreto. Durante o curso pasado traballamos o mundo da música e, este ano, é a quenda do mundo deportivo.

En verán terán lugar os Xogos Olímpicos París 2024 e no noso CEIP de Arteixo levamos todo este curso traballando sobre diferentes deportes olímpicos.

Así é que cada nivel educativo do centro escolleu un deporte no que centrarse e, tamén, unha muller galega que abandeira esa disciplina.

Aquí temos unha parte do resultado do traballo das nenas e nenos de primaria.

 

Pinchade no encabezado de cada imaxe e abrirase unha nova ventá, onde poderedes ver os vídeos para coñecer mellor a estas deportistas:

 

ALUMNADO DE 5º DE EDU. INFANTIL: Saleta Fernández

 

 

 

  ALUMNADO DE 6º DE EDU. INFANTIL: Melania Rodríguez


 

  

ALUMNADO DE 1º DE EDU. PRIMARIA: Susana Rodríguez


 

 

ALUMNADO DE 2º DE EDU. PRIMARIA: Mini Ali 

 

 

ALUMNADO DE 3º DE EDU. PRIMARIA: Jessica Bouzas 

 

 

ALUMNADO DE 4º DE EDU. PRIMARIA: Noelia Pena Pardo 

 

 

ALUMNADO DE 5º DE EDU. PRIMARIA: Julia Benedetti

 

  

 

ALUMNADO DE 6º DE EDU. PRIMARIA: Maria Teresa Portela Rivas

 

 

Revista Rego da Auga

Pinchando na imaxe podedes consultar a edición deste curso da nosa revista escolar Rego da Auga:

FillAs de Breogán: Ses

 O alumnado de 5 anos (6º de educación infantil) preséntanos a Ses:

 

FillAs de Breogán: Tanxugueiras

 De seguro que coñeces ás Tanxugueiras pero, da man do alumnado de 1º de primaria, ímolas coñecer aínda mellor!

 
 
Por suposto, as nenas e nenos de primeiro decoraron o seu corredor cun mural destas artistas:
 

 

 

 
 
 
E, ademais, podes consultar AQUÍ a presentación en power point que resume toda esta información.

 

 
 

FillAs de Breogán: De Vacas

 Continuamos coñecendo a artistas da música galega a través do proxecto FillAs de Breogán.

 

É a quenda do alumnado de 2º de primaria, quen nos presenta ao grupo "De Vacas":

 

 

 

No corredor hai un mural moi chulo que recompila moita desta información:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FillAs de Breogán

Ola a todas e todos!

 
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos presentarvos un proxecto no que comezamos a traballar durante este curso.
 
Eduardo Pondal no seu poema Os Pinos, himno da nosa terra, fala de Galiza como a nación de Breogán. As fillas de Breogán son aquelas mulleres galegas que co seu traballo fan avanzar a nosa sociedade.
 
Por isto, este proxecto que hoxe presentamos leva por título "FillAs de Breogán".
 
Iremos pouco a pouco coñecendo o traballo de mulleres galegas que sobresaíron no seu eido, pero sen esquecer que hai outras moitas mulleres anónimas que no seu día a día tamén conseguen que se fagan realidade cousas ben fermosas coa súa labor.
 
Este curso enfocarémonos en coñecer a mulleres galegas do eido da música. Durante as próximas semanas, da man do alumnado do noso CEIP Arteixo, iremos descubrindo datos curiosos sobre mulleres músicas que chamaron a súa atención.
 
Esperamos que estas FillAs de Breogán tamén vos resulten inspiradoras!
 

 

 

FillAs de Breogán: Susana Seivane

 Imos coñecer a Susana Seivane grazas ao alumnado de 3º de educación primaria:

 
 
 
No corredor temos un mural moi chulo elaborado polos cativos e cativas:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tal e como vos contan no vídeo, un dos alumnos tivo a sorte de ir coñecer a Susana no seu obradoiro:
 
 
 
 
 
 
En todas as aulas podemos atopar material interesante para aprender moitas cousas sobre esta gaiteira:
 
 
 
 
 

FillAs de Breogán: Luz Casal

 Da man do alumnado de 4º de primaria coñecemos a Luz Casal:

 
 
No mural que realizaron, temos un bo resumo do contido do vídeo:
 

 

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut