Skip to Content

ADORNOS DE NADAL CON PREMIO: RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2023 CC ARTEIXO- CEIP DE ARTEIXO

Un ano máis, o alumnado do noso centro colabora na campaña solidaria de recollida de alimentos do Centro Comercial Aberto de Arteixo a través da elaboración de adornos de Nadal, que se intercambiarán por alimentos nos distintos comercios participantes na campaña, e na que pode participar calquera persoa interesada. Avisarase proximamente das datas de exposición e dos comercios nos están ubicados os adornos elaborados polo alumnado do CEIP de Arteixo.

Este ano, participar na elaboración dos adornos, trae premios. Para máis información, preme na imaxe.

 

  

Conversamos con Roberto Blach e Mauro Barreiro

 

Grazas ao departamento de deportes do concello de Arteixo, teremos a visita do piloto de rallys Roberto Blach e o copiloto Mauro Barreiro para falar co alumnado de Primaria sobre a súa experiencia deportiva, logros e valores deportivos.

 

Contacontos pola Igualdade: Princesas, non grazas

 

Pechamos o ciclo de Contacontos

pola igualdade para este trimestre

levado a cabo grazas á colaboración

co CIMConcello de Arteixo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día do pixama

CAMPAÑA DE REPARTO DE FROITA FRESCA

 

 

O noso centro solicitou a axuda convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), para a subministración de froitas frescas e leite dirixido a todo o alumnado do centro para este curso 2023/2024.

O primeiro reparto de froita fresca será levado a cabo na etapa de Educación Infantil nas seguintes datas:

Luns 13 e 20 de novembro: plátano.

Martes 14 e 21 de novembro: mandarina.

Mércores 15 e 22 de novembro: mazá.

Xoves 16 e 23 de novembro: kiwi.

Venres 17 e 24 de novembro: pera.

 

A froita será lavada, repartida e consumida no centro durante o período de lecer.

 

 

 

Preparando o Magosto 2023

Caixas terroríficas...

BIOESCOLAS: Iniciativa de aceite usado de cociña

 

O CEIP de Arteixo xunto coa empresa local de reciclaxe ARIOIL  pon en marcha, por segundo ano consecutivo, unha iniciativa de reciclaxe de aceite usado de cociña chamada BIOESCOLAS. Para máis información, preme na imaxe.

                                             

Grazas!

Mariola Solidaria: diploma de gratitude

A ONG Mariola Solidaria e Global Humanitaria queren agradecer a toda a comunidade educativa do CEIP de Arteixo a súa participación na campaña de recollida de roupa e calzado usado neste primeiro trimestre de curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut