A clase de 3º e 4º de primaria
Boas!
Como xa é habitual durante o curso, adoitamos traballar os diferentes contidos curriculares das áreas lingüísticas a través das tipoloxías textuais. A presentación que adxunto nesta ocasión é a relacionada cos contos entendidos como textos narrativos.
Agardo que a atopedes interesante. Nós pasámolo ben e aprendemos moito mergullándonos entre histórias fantásticas.
Fran.
Nas últimas semanas estivemos traballando coa escultura na aula. Inspirámonos en Giacometti e a súa obra "O home que camilña" para crear as nosas esculturas con arame e papel de aluminio. Tamén escribimos a historia de cada figura e fixemos unha exposición na entrada da cole.
Ademais, fixemos un percorrido pola evolución da escultura no tempo e algunhas obras causaron sorpresa entre o alumnado. Agardo que fora un bo punto de partida para interesarse por esta disciplina artística.
No documento adxunto tedes un resumo do traballo e a actividade de reflexión final.
Fran
Abrindo o documento adxunto podedes ver o pequeno proxecto que realizamos sobre PICASSO. O produto final foi a elaboración dunhas "máscaras" inspirándonos no estilo CUBISTA deste autor.
Teño a sensación de que foi un traballo longo no que todos e todas desfrutamos do proceso.
Agora toca reflexionar na tarefa final que acompaña ao documento.
Seguimos aprendendo!
Fran
O pasado 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro así que aproveitamos para traballar na aula sobre a nosa querida escritora.
Unha das actividades que levamos a cabo foi a gravación dalgúns dos seus poemas máis coñecidos continuando deste xeito o traballo da expresión oral comezado no 1º trimestre.
Este é o resultado:
Desculpade o volume tan baixo dalgunhas gravacións.
Fran