RECOMENDACIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL

BOAS TARDES NENOS E NENAS DE INFANTIL DA ARMENTEIRA!!!

SON A PROFE PAULA E AQUÍ VOU ADXUNTAR UN DOCUMENTO DE RECOMENDACIÓNS XERÁIS PARA VÓS E AS VOSAS FAMILIAS.

NO RECUNCHO DA CLASE DE INFANTIL QUE ESTÁ Á DEREITA DESTA PÁXINA IREI DEIXANDO MÁIS PROPOSTAS Ó LONGO DESTES DÍAS.

UN SAÚDO PEQUERRECHOS!!!

#YOMEQUEDOENCASA  (QUE VOS PARECE SI HOXE FACEMOS UN CARTEL CON ESTE LEMA?)

TAREFAS PARA OS RAPACES DO 3º CICLO

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria traballaredes dende as vosas casas coas tarefas propostas no EVA polos mestres en cada unha das materias. Pero non vos esquezades asimesmo de xogar, pintar, ler moito e disfrutar da vosa familia. Ata moi pronto rapaces e rapazas !!!!Guiño

RECOMENDACIÓNS

Ó longo destes días faremos unha serie de recomendacións sobre o traballo que pode realizar o alumnado nesta situación excepcional na que nos encontramos coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días.

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta

 

O prazo para presentar as solicitudes, -por vía telemática, nos propios centros docentes ou nos rexistros oficiais-, rematará o 21 de xuño
 
O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 90 e os 170 euros en función da renda
 
No caso do alumnado matriculado en educación especial, mantense unha axuda de 250 euros independentemente da renda
 
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e  poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar
 
Ademais, no caso de rendas inferiores aos 5.400 euros per cápita, o alumnado poderá recibir vales de 50 euros para adquisición de material escolar

 

Distribuir contido