COLORES - F. G. LORCA
O pasado venres estivemos traballando na aula de plástica sobre un fermoso poema de Federico García Lorca.
Antes de comezar a pintar recordamos algo importante: debuxar e pintar ben non significa imitar a realidade. Deste xeito, eu comecei lendo o poema en voz alta e eles e elas debuxaban. Posteriormente mostreilles os versos escritos en papel continuo mentres facían os últimos retoques ás súas obras.
Este foi o resultado:
Ao día seguinte algún/algunha animouse a memorizar o poema e recitalo para toda a clase.
Seguiremos facendo actividades arredor desta obra como paso previo ao traballo dos textos poéticos na área de Lengua.
Fran
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ILUSTRA LORCA - COLORES LUNA.pdf | 6.5 KB |