CELEBRACION DO NADAL O MARTES 22 DE DECEMBRO

Para este Martes 22, último día de clase temos previsto o seguinte programa:

-CANTO DE REIS POLO PATIO DA ESCOLA

Ao non poder facer os cantos de reis polas aldeas, decidimos facelo igual para nós, no patio da escola.

-LOTERÍA -BINGO

Ao remate das panxoliñas, no patio, faremos unha loteria-bingo do nadal. Cada rapaz terá dous números, o primeiro rapaz que teña os dous números cantados levará o primeiro premio. Haberá 4 pequenos premios.

-BADALADAS DO NADAL

Xa por último escoitaremos todos as 12 campanadas comendo gusanitos.

De non poder facer as actividades ao aire libre polo tempo, farémolo cada un na sua aula en streaming.

Ese día os rapaces poden vir vestidos de xeito elegante ou navideño.