Responder ó comentario

INFORMACIÓN INICIO DO CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

Dámoslles a benvida a este novo curso e informámoslles que as clases comezarán

a vindeira semana de xeito escalonado:

-o XOVES 10 de setembro: 4º , 5º  de Educación Infantil (3 e 4 anos); 1º, 2º e 3º de Primaria

-o VENRES 11 de setembro: 6º de educación Infantil (5 anos); 4º, 5º e 6º de Primaria

Será obrigatorio o uso de mascarilla para todo alumnado de Primaria e ademais tal e como

establece o protocolo da Xunta será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de

recambio, así como un estoxo específico para gardala.

Na etapa de Infantil non é obrigatorio o uso da mascarilla pero recoméndase.

En canto ás reunións de inicio de curso de Primaria irémosvos informando nos próximos días;

no caso de Infantil a reunión será o MARTES 8 da próxima semana ás 13 h.

Un saúdo dende a escola e si hai novidades xa vos vamos informando.

 

Responder