Skip to Content

CONCURSOS

Xa están subidas as imaxes escaneadas dos logos para o concurso da "Mascota da biblioteca". Podemos velas aquí.

Tamén temos unha primeira tanda de dibuxos para o concurso de postais de Nadal.

Xa están ampliados os permisos para facer algunhas operacións coas fotos, como enviar postais vía email, etc.

 

 

Dibuxo de Nadal feito por alumnado

A páxina do cole no teléfono !!!

Se tes un "smartphone", podes ter a páxina directamente na túa pantalla. Escanea este código co teu móvil.

.código

 

 

 

Retratos "O MEU LIBRO FAVORITO"

Xa están parte das fotos da velada  : "O MEU LIBRO FAVORITO" no álbum LIBRO FAVORITO ( RETRATOS ), só cos retratos dos participantes e o seu libro. Noutro álbum irá o resto das fotos e os descartes das mesmas por se alguén quere velas. En breve subiremos as fotos que restan.

Tamén están listas as fotos do acto pola Educación Pública (hai fotos de cámara e móvil)

Igualmente, hai un álbum con parte das fotos da actividade do Thanksgiving.(fotos de móvil)

Lembrade que calquer foto pódese mandar como e-postal (postal electrónica) a quen desexemos, por email.

 

FOTO CON " O MEU LIBRO FAVORITO"

28/11/2013

Como viñemos anunciando estes días, hoxe polo serán teremos unha sesión fotográfica " para retratarnos co noso libro favorito. Ven con el !!

 

Foto "O meu libro favorito"

Mañán xoves, 27 de novembro, polo serán, teremos unha xornada fotográfico-literaria, onde o alumnado virá acompañado do seu libro favorito ( poderán vir tamén os pais, as nais ou ambos, co seu ), para facernos unha foto que colgar na páxina Web, e teremos un pequeno acto.

NON VOS ESQUEZADES DO LIBRO !!

 

 

CONCURSOS

 

      Temos que lembrar que nesta semana remata o concurso de debuxo que fai Novagalicia Banco xunto con "Os Bolechas", tanto para participar desde o cole como desde a casa. (Concurso "Os Bolechas")

Por outra banda, aínda seguimos co concurso de atopar unha "mascota" para representar á nosa biblioteca. Calquera, entre o noso alumnado, pode presentar a súa idea materializada nun debuxo nunha folla A4 coa técnica que se prefira. O tema será atopar esa mascota, poidendo ser tanto un animaliño coma outro obxecto que teña relación con libros, contos, ler ou bibliotecas etc. Permítese facelo na casa, onde poderase contar cunha "axudiña" dos maiores...

Non paramos cos concursos, pois en decembro teremos o "concurso de postais de Nadal", onde a postal gañadora, agás dun agasallo, será a que se enviará en representación do Centro. As postais faránse na asignatura de Plástica, no propio Centro.

Charla de SOGAMA

Finalmente o "Obradoiro Sogama" reduciuse a unha "charla" relativa aos xeitos de reciclar, reutilizar e reducir, as 3 "R". Dous operarios falaron durante unha hora, facendo intervir ao alumnado con preguntas, formando equipos etc. Finalizaron entregando uns folletos ilustrados e o agasallo dunha mochila de SOGAMA. Só asistiron o 2º e 3º Ciclos.

As fotos están na galería.

SOGAMA

Obradoiro SOGAMA esta tarde.

Lembrade que hoxe, 22 de novembro, polo serán, haberá un obradoiro de reciclaxe, a cargo de SOGAMA.

Fotos do Magosto 2013

Xa están na galería Coopermine gran parte das fotos do Magosto celebrado recentemente. Lembrade que para entrar na galería hai que premer no botón GALERÍA que atopamos arriba, debaixo da foto da portada, e escollemos o álbum que desexamos ver.

 (Nota: a galería de fotos é privada, só accesíbel para os usuarios que se acrediten. Podedes acceder co mesmo usuario e contrasinal que para entrar na páxina web do Centro)

Distribuir contido


by Dr. Radut