Skip to Content

Actividades + ANPA + Novas

ASEMBLEA ANPA 11 DE DECEMBRO DE 2023

Convocatoria de asemblea extraordinaria da ANPA o luns 11 de decembro ás 17:30 horas no salón de actos do CEIP Apóstolo Santiago.

Duración aproximada: 2 h

Haberá servizo de LUDOTECA a disposición das familias que queiran participar e precisen dela. Para iso cómpre enviar un correo antes do venres 8 de decembro ás 15 horas, indicando nome, apelidos e idade da crianza, ao noso enderezo, anpa.apostolo@gmail.com.

 

En adxuntos o documento da convocatoria

AdxuntoTamaño
ORDE DO DÍA Asemblea extrordinaria 11-12-23.pdf189.47 KB

O CEIP Apóstolo fai unha película

00/00/

   Unha representación de cada clase colaborou nun fermoso proxecto interxeneracional:

   O proxecto consistía en facer unha película de forma conxunta con persoas que viven na residencia de maiores do noso barrio, a Residencia Porta do Camiño.

   A película, unha película de animación feita con plastilina chamada 'O avó de Zuleimar', baséase nun conto da editorial OQO. 

   Foi elaborada en cinco martes dos meses de maio e xuño, en sesións de hora e media. 

 

   Así foi o proceso:

   

   - Xuntámonos todos no recibidor os martes antes do recreo:

 

 

     E ale, a dar unha volta polo barrio ata a residencia!

  

 

 

    - Presentáronse os nenos:

 

 

    - Presentáronse os maiores:

 

  

   - Deronse instruccións precisas de cómo facer, porque alí ninguén era profesional:

 

 

   - Traballaron en grupos nenos-maiores animando dúas escenas diferentes (fixeron as escenas con plastilina, animáronna, puxéronlles a voz...)

     

 

 

     Podedes ver todo o proceso e o resultado neste enlace.

 

     Outras fotos bonitas da experiencia:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CURSO ONLINE "SER CREATIVIDAD A TRAVÉS DE LA MEDITACIÓN"

Lembrade hoxe, martes 15 de Xaneiro  ás 18:00 curso online impartido pola socióloga , maestra de meditación e ilustradora  AHIMSA ISHAYA.curso online

FOLGA XOVES 18

RECORTES    NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN

 

Ola a tod@s,

   Este días están a aparecer nos medios de comunicación as convocatorias de mobilizacións dos estudantes durante toda esta semana. Tamén está difundido o apoio que a Confederación Estatal de ANPAs presta a estas mobilizacións, e especialmente a petición que fai ás familias para que mañá XOVES 18 non mandemos aos nosos fillos e fillas ó colexio. A federación de ANPAs de Compostela, na que a nosa ANPA está integrada, ten unha postura común que se concreta nos seguintes puntos:

- Apoiamos totalmente as reivindicacións que están a motivar as mobilizacións que se están levando a cabo.

- Rexeitamos o novo anteproxecto de Lei educativa recentemente presentado.

- Estamos en completo desacordo con calquera recorte que se realice na educación pública.

   No que atinxe á convocatoria do XOVES 18, ANIMAMOS a todas as familias á participación non enviando os nenos e nenas á escola e asistindo ás mobilizacións ás que poidan asistir (comunicaremos en canto se coñeza os lugares e horarios onde se realizarán).

 

Un saúdo Xunta directiva da ANPA Apóstolo Santiago.

REUNION COMEDOR

Informamos que mañá Xoves 4/10/2012 ás 17:15h. os pais, nais ou titores de alumn@s  usuaris@s do comedor tedes unha reunión no cole co   Coordinador Xeral de comedores e con Martin o coordinador do noso centro.

Saúdos.

Distribuir contido


by Dr. Radut