Skip to Content

TAREFAS PARA MANTERNOS ACTIV@S

Que tal foron os retos desta semana? Fixéstedes todos? Algún? Espero que esteades o mais activ@s posible, dentro das características destes días...

Vouvos deixar unha táboa de retos nova para esta semana que comeza mañán!

Se tedes calquera dúbida, ou queredes mais ideas, ou simplemente queredes contarme que tal o estades levando, podedes poñervos en contacto comigo polo correo evaad@edu.xunta.es, e eu intentarei axudarvos no que precisedes para conseguir estar activos, e facer esta espera na casa o mais entretida e saudable posible!

 

Apertiñas para tod@s!!!

 

click para descargar--> 2º SEMANA: 30 marzo a 5 abril

LUNS

MARTES

MERCORES

XOVES

VENRES

SABADO

DOMINGO

30 marzo

31 marzo

1 abril

2 abril

3 abril

4 abril

5 abril

 

Xoga varias partidas ao escondite inglés.

Precisas convencer a xente que xogue contigo!

Busca un cesto/caldeiro, e coloca 4 marquiñas, cada unha un paso mais lonxe. Agora intenta encestar 5 boliñas de papel de xornal. Tes que conseguir encestar as 5, para pasar ao seguinte nivel,

Precisamos un prato, unha palliña e un papel que valga para facer anaquiños (como se foran confetis).

Coloca todos os “confetis” dentro do prato, usando a palliña e absorbendo aire, tes que ir sacando todos para fora do prato.

Podes convencer a alguén e facer unha competición a ver que o fai antes!

Ollo! Absorbendo aire, non vale sopplar para sacar todos!

 

Xoga durante un rato ás alturas, con música. Está claro que para este xogo tes que liar a máis persoas ca ti!

 

Volve a intentar e a practicar outro pouquiño o dos malabares do venres pasado

 

Unha carreira de vermes.

 

Recorta unha tira de papel duns 3 cm. E dóbraa de maneira que pareza un pequeno verme.

Tes que facer que se mova soprándolle.

 

Ver ligazón

 

 

Busca en youtube 2 muiñeiras e intenta bailalas.

 

Ver ligazón

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  ver vídeo iniciación para que non saiba muiñeira: click aquí

 ligazón carreira de vermes: click aquí



contido_mestres | by Dr. Radut