Inscrición no Colexio na Carreira de San Martiño 2016

Animámosvos a todo o alumnado a participar desta festa do deporte e a QUE FAGADES A VOSA INSCRICIÓN NO COLEXIO entregando os vosos datos aos profesores de Educación Física ou ás titoras/es antes do próximo 2 de novembro (nome, curso, data de nacemento e a ser posible DNI)

Estimadas nais e pais:
Con motivo da celebración da XL Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, a celebrar o domingo día 20 de novembro de 2016, pasamos a difundir parte do regulamento das dúas carreiras escolares que consideramos de interese para os nosos alumnos:
REGULAMENTO DA CARREIRA ESCOLAR- 4,7 KM.
1.- Esta carreira pedestre está reservada para todos os nenos/as nados entre os anos 2007 e 2000 que participen de forma individual e/ou a través dos centros escolares, tanto públicos coma privados.
2.- Os adultos non poderán participar nin acompañar ós participantes no percorrido escolar, non poderán acceder ás zonas de avituallamento nin entrarán na clasificación.
4.- Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.700m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Av. de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.
REGULAMENTO DA CARREIRA DE CATIVOS – 1,4KM
1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados nos anos 2008 e posteriores, podendo ir acompañados dun adulto responsable que a ningún efecto se considerará participante.
2- Esta proba dará comezo ás 13:15h horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 1.400m, e discorrerá polas seguintes rúas:
Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.
3.- A inscrición en ambas carreiras será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios.