Skip to Content

Solicitude Máscaras

Solicitude Máscaras

                DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o
procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en
educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en
centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros
privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

                                   CRITERIOS XERAIS

1)As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2021/22 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar. ESTE ALUMNADO NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, POSTO QUE LLE SERAN CONCEDIDAS DE OFICIO.

2)Logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisitol (renda per cápita inferior a 6000 euros)

3)Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

                                         Presentación de solicitudes

1)Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.

2)As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) que se pode descargar AQUI ou recoller en secretaría.

                                          Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Publicación da listaxe provisional, reclamación e publicación da listaxe definitiva.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios que unicamente será visible no interior do recinto escolar. Haberá 2 días hábiles para reclamacións, unha vez publicada a listaxe provisional e darase por resolta a reclamación coa publicación da listaxe definitiva. Contra esta listaxe pódese interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut