Skip to Content

Proceso Admisión 2020/21

 

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21 MODIFICACIÓNS DEBIDO AO ESTADO DE ALARMA POR COVID 19

CENTRO  DE ADSCRICIÓN: I.E.S. “Lucus Augusti” (enlace a web) (PARA CALQUERA DÚBIDA CONTACTAR CO IES)

 

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)

1.       Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I (modelo ED550A) no centro de orixe: 1-17 de febreiro, ambos os dous incluídos.

 

2.       Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro. Resultado do sorteo.

 

3.       Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADCRITOS Novo prazo 11-18 de maio. 

(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 17 de febreiro)

4.    Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: Novo prazo 11-18 de maio. 

5.    Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): ATA O DÍA 26 DE MAIO.

6.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: DÍA 8 DE XUÑO ás 14:00 horas, no taboleiro interior do centro.

7.       Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: Día 18 de XUÑO ás 14:00 horas, no taboleiro interior do centro.

9.       Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes)

3ª FASE: MATRÍCULA

10.       Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: DO 1 DE XULLO AO 10 DE XULLO DE 2020

11.       Formalización da matrícula en ESO e bacharelato:DO 1 DE XULLO AO 10 DE XULLO DE 2020

12.       Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-17 de febreiro)

·         Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).

·         Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

a)       Entregándoa no centro de orixe do alumnado (centro no que está actualmente escolarizado).

b)      Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

·         A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se a/o alumna/o resultase admitida/o, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

·         A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do 1 de marzo).

·         A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS Novo prazo 11-18 de maio. 

 

1.       Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).

2.       Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

3.   Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.

4.    Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.

5.       As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :

a)       Recollendo o formulario Anexo II (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

b)      Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923 e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

NORMATIVA REGULADORA

 

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)

Ligazón (galego):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_es.pdf

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

 

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

Enlace (castellano):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orden_de_12_de_marzo_de_2013_castelan.pdf

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.(DOG 1 de febreiro de 2017)

 Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_es.pdf

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

CONSULTAR

IMAXE SATÉLITE

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 

TRANSPORTE ESCOLAR 

Regulado na seguinte normativa:

-       Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 27 de xuño de 1988)

-       Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia. exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 9 de xaneiro de 1990). Corrección de erros (DOG 1 de marzo de 1990)

-       Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar.

A chegada do transporte escolar ao centro é as 9:30 e a saída ás 15:40. As rutas pódense consultar neste enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaponte/taxonomy/term/145

COMEDOR ESCOLAR

Regulado na seguinte normativa:

-       Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 13 de agosto de 2013)

-       Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG 5 de marzo de 2007)

-       Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar.

-       Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar.

O comedor escolar comeza ás 14:40 e remata ás 15:30. Toda a información relativa pode consultarse neste enderezo web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaponte/taxonomy/term/144

 

RECURSOS ESPECÍFICOS OU ESPECIAIS

SERVIZO DE MADRUGADORES (No curso 2019/20 estivo organizado pla ANPA  e non se daba almorzo, aínda que o alumnado podía traelo e tomalo no centro. O horario foi de 8 horas a 9:30 horas. Para o curso 2020/21 están moi avanzadas as xestións co Concello, que xa fixo a petición, para poder utilizar o espazo do comedor escolar, tanto ao Consello Escolar como á Xefatura Territorial da C. de Educación, coa finalidade de dar o servizo para o curso 2020/21 completo co almorzo incluído. O horario, non está concretado, pero é posible que comece antes das 8 horas, para rematar ás 9:30.

Aula Trastorno do Espectro Autista (TEA)

PROXECTO EDUCATIVO

A disposición da Comunidade Educativa na Secretaría do centro

NO CENTRO ESTAMOS Á DISPOSICIÓN DE TODOS OS PAIS E NAIS PARA DAR TODA A INFORMACIÓN QUE PRECISEN, SOBRE CALQUERA ASPECTO RELACIONADO COA ESCOLARIZACIÓN DOS SEU FILLOS/AS EN HORARIO DE 9:30 A 14:40 OU NO QUE SE POIDA PACTAR.

 

AdxuntoTamaño
Calendario proceso escolarizac curso 2018-2019.pdf31.41 KB
ZONA+EDUCATIVA.pdf295.31 KB
ZONA+EDUCATIVA.pdf295.31 KB
ZONA+EDUCATIVA.pdf295.31 KB
ACTIVIDADES EXTRAESCOLAREs 2018-19.pdf101.69 KB
Lixtaxe admitidos 4º E. infantil..pdf365.85 KB
Non admitidos 4º E. infantil.pdf203.98 KB
Admitidos 5º de E. infantil.pdf184.41 KB
Admitidos 4º de E. Infantil.pdf79.4 KB
Non admitidos 4º E. infantil.pdf74.58 KB
Admitidos 5º de E. Infantil.pdf74.8 KB
Calendario proceso escolarizac curso 2019-2020.pdf29.23 KB
ZONA EDUCATIVA 2019-20.pdf159.59 KB
ACTIVIDADES EXTRAESCOLAREs 18-19.pdf77.86 KB
Resolución resultado sorteo anual letras admisión_2019-2020.pdf331.53 KB
A PONTE_RESOLUCIÓN VACANTES_CEIP-1.pdf282.4 KB
Admitidos 4º de E.Infantil.pdf38.43 KB
Admitido 3º E.P..pdf27.93 KB
Admitido 5º E.P..pdf28.85 KB
Non admitido 5º de E.I..pdf27.34 KB
Non admitido 1º E.P.pdf27.04 KB
Non admitido 4º E.P..pdf28.08 KB
Definitivo 4º de E. Infantil.pdf280.43 KB
Definitivo 3º de E.P..pdf175.83 KB
Definitivo 5º de E. P..pdf185.39 KB
Definitivo 5º de E. Infantil.pdf178.81 KB
Definitivo 1º E.P..pdf166.58 KB
Definitivo 4º E.P.pdf168.7 KB
calendario proceso escol. curso 2020-21- .pdf73.19 KB
calendario proceso escol. curso 2020-21- .pdf73.19 KB
1. ACTIVIDADES EXTRAESCOLAREs 19-20.pdf92.38 KB
ZONA+EDUCATIVA.pdf166.8 KB
ZONA+EDUCATIVA.pdf166.8 KB
NOVO calendario proceso escol. curso 2020-21- calendario.pdf84.01 KB


page | by Dr. Radut