Normalización L.

24 OUTUBRO – CAZA DO TESOURO POLO ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

 

O pasado luns celebrouse o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, día no que celebramos tamén O ANIVERSARIO DE PAPIRUS, a mascota do noso cole.

Con tal motivo, e aproveitando o proxecto anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO, esta semana o alumnado de 3º e 4º levou a cabo unha CAZA DO TESOURO na biblioteca, que deseguido vos explicamos.

      

Os equipos de traballo distribuíronse polo espazo. Cada equipo tivo que resolver 5 probas: sopas de letras, labirintos, enigmas, 7 erros e agudeza visual. Con cada proba realizada correctamente, gañaban unha palabra, e con todas esas palabras formaban unha pista para atopar unha chave agochada nun dos libros da biblio!

     

Non foi tarefa fácil, xa que temos moitos libros… Ademais, cada equipo atopou unha chave, pero non todas abrían o ARMARIO SEGREDO.

Cando conseguiron abrilo, atoparon 3 CAIXAS MÁXICAS, que gardaban no interior 3 fantásticos premios. Pero había outro problema… tampouco era nada doado abrir aquelas caixas, e só tiñan un minuto e medio!

      

Finalmente, foron quen de abrir algunha delas, e obtiveron a súa recompensa: MÁIS TEMPO DE PATIO!!! Nas fotos podedes ver o ben que o pasaron con este xogo.

 

 

 

18 DE OUTUBRO - DÍA DAS ESCRITORAS

O 18 de outubro celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS. Con tal motivo, esta semana acudimos á biblioteca para realizar unha actividade sobre este tema.

Previamente preparamos unha selección de libros infantís escritos por mulleres, que foron expostos nun lugar visible, tal como vedes nas fotografías. Unha vez feito isto podíamos poñernos mans á obra!

   

O alumnado repartiuse en equipos de traballo polos recunchos da biblioteca para levar a cabo unha FICHA DE INVESTIGACIÓN. O primeiro que tiveron que facer foi escoller 3 dos libros expostos. Despois cubriron algúns datos importantes sobre os mesmos, coma o nome da autora, o título, a editorial…

     

Por último, reproduciron o “tejuelo”, a etiqueta de catalogación que nos indica onde colocar cada exemplar e o máis importante, para que idades está indicado, para así saber cales son os recomendados para os distintos cursos.

HOXE TIVEMOS ENTREGA DE PREMIOS!!!

E COMO IMOS DE FESTA EN FESTA...

HOXE TOCOU ENTREGA DE PREMIOS!!!

Hoxe, antes do recreo, xs profes xuntáronnos a todxs no patio cuberto dxs maiores para facer entrega de premios dxs gañadores do

 CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS:

“QUE SABES DE FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN?

E como nós participamos na presentación de respostas de todas as preguntas, tivemos a fortuna de que catro compañeiras de 1º resultaron premiadas!!!

Iria e Lucía, de 1º A

e Laura e Claudia, de 1º B!!

 

PARABÉNS, RAPAZAS!!!!

O ANO QUE VÉN, VOLVEREMOS PARTICIPAR!!!

 

ESTE MÉRCORES, TIVEMOS MAGOSTO!!!

Este mércores pasado, véspera de San Martiño, celebramos o MAGOSTO!

O día anterior, as profes explicáronno por que se celebra esta festa, cantamos cancións (O RAP DO MAGOSTO, de PACO NOGUEIRAS a petición de Diego), fixemos actividades interactivas e unha ficha con poemas, adiviñas e refráns.

Como xa sabedes, por mor da COVID, aínda non puido ser como nos gustaría a todxs, compartindo os espazos cxs compañeirxs de 1º e 2º; pero, polo menos, xs de 1º,si que estivemos xuntxs!! Como era ao aire libre... Iso si, con máscara e cumprindo os protocolos!!

 A iso das 11 baixamos ao patio a gozar dos Xogos Tradicionais que o profe José Ángel e a profe Goretti nos organizaron grazas, como cada ano, á ASOCIACIÓN CORREDOIRAS que, moi xenerosamente, nolos presta.

Pasámolo moi ben! Case todos, eran xogos de habilidade para os que había que atinar ben. Foi moi divertido! Iamos rotando polas distintas zonas nas que estaban distribuídos os xogos ata que... de súpeto, comezaron a soar uns foguetes atronadores que nos asustaron un montón! Menos mal que xa faltaba pouco para subir merendar; así que, as profes decidiron que era mellor ir para a clase.

Cando chegamos arriba, lavamos as mans, desinfectamos as mesas e , dalí a uns minutiños apareceu a profe Lina cunha caixa chea de castañas que nos asara Ramón. Estaban riquíííííísimas!!!!!

 Logo, xogamos na clase! Foi un día estupendo!!

Por certo, mirade que guapxs estamos coas coroas de castañas que fixeramos na clase de plástica coa profe Loli!

 

 MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN CORREDOIRAS, A RAMÓN, A JOSÉ ÁNGEL, A GORETTI, A LINA!!! O TRABALLO EN EQUIPO, SEMPRE DÁ BOS RESULTADOS!!!

 

FOMOS AO CORRELINUA!!!!

 

E como non hai dúas sen tres... o venres, ademais de SAMAÍN, tivemos CORRELINGUA!!!

Esta é unha festa que cada ano celebramos para compartir a ledicia de ter a lingua galega, para sentirnos orgullosxs dela, para mimala coma un tesouro, como o máis fermoso dos monumentos!!!

Porque, como di Paco Nogueiras:

“En galego falo, en galego sinto,

en galego canto. Sabes que non minto!

En galego todo podo facer,

en galego estou no mundo,

Meu o mundo é!”

Este ano, por mor da pandemia, a festa consistiu nun concerto que se celebrou no Centro Social do Mar e o noso foi o cole invitado!!! A rapazada doutros coles tivo que velo a través de Internet.

Asistimos 5º e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Cantaba un grupo que se chama MÚSICA MIÚDA e presentaba  Fran Rey, un mago moi simpático que nos fixo algúns trucos abraiantes!!!!

 

CANTAMOS, BAILAMOS, cadaquén diante do seu asento para respectar os “grupos burbulla”, e pasámolo moi moi ben!!!

ENCANTOUNOS PARTICIPAR!!!

Ao rematar, agasalláronnos cunha mochila co deseño do cartel e o lema deste ano: “INMUNÍZATE CO GALEGO!!!”

Nesta ligazón que colgou o Concello na súa páxina pódese ver o concerto enteiro:

https://www.youtube.com/watch?v=JyD7gUR_XwQ

 

 

 

 

 

 

 

E CHEGOU A SAMAÍN!!!!

 

E CHEGOU O SAMAÍN!!

Vaia semana máis intensa...!!!
Como o venres celebrabamos o
SAMAÍN, Ao longo deses días fixemos actividades interactivas, debuxamos e recortamos cabazas para o mural grande do recibidor do cole  e decoramos a clase.

Tamén fomos traendo as nosas cabazas decoradas facendo referencia ao 50º aniversario da escola. Había unha chea delas, TODAS CHULÍSIMAS!!!

Ademais, o venres puidemos vir disfrazados. Mirade que guapxs saímos na foto!!!!!

 

 

Distribuir contido