Froita para merendar

Do 1 ao 5 de outubro repartiuse unha ración de froita por neno nos recreos coa intención de fomentar entre o noso alumnado unha dieta saudable e equilibrada que inclúa a froita cada día. 

  Calendario das froitas:

  • Luns: uvas /  Martes: mandarina / Mércores: plátano
  • Xoves: cirola e frambuesas / Venres: peras

Esta campaña realízouse coa colaboración da Consellería de Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria e rapetirase máis adiante pois consta de dúas fases.

         Máis información>

Xogos e actividades

A tribu do nariz branco

AQUÍ TEDES A CLASE DE 3 ANOS FACENDO O INDIO

O Rechouchío nº X

Aquí temos o nº 10 da nosa revista escolar "O Rechouchío", promovido polo Equipo de Normalización Lingüística do colexio. Nesta ocasión o fío condutor é o tema proposto pola Biblioteca escolar a través da Meiga Tintureira: "Habelas, hailas...".

Veredes moita información recollida polo noso alumnado sobre bruxas, meigas e outros seres lexendarios da mitoloxía galega. Tamén veredes reportaxes sobre as nosas celebracións, sobre outros temas traballados nas clases e algunha que outra sorpresa. Esperamos que vos guste.

Este ano notáronse os recortes e, por falta de cartos, non fixemos unha edición en papel. Repartiuse entre todas as familias do colexio en formato CD. Tamén pode visualizarse desde aquí como "revista virtual" premendo na palabra "Expand" que hai sobre a imaxe da revista.

 

Descubrindo Vigo

Ruta Coruxo- Xunqueira do Lagares

O alumnado de sexto de Primaria participou nunha actividade organizada polo Concello de Vigo, dentro do programa "Camiño a camiño", que consistiu nunha camiñata dende a escola ata a xunqueira do río Lagares. Durante o paseo tiveron a oportunidade de estudiar detidamente árbores coma o amieiro, salgueiro e o  vidueiro, así como observar no seu hábitat especies coma a garceta, a pita de auga ou o picapeixe. Foi esta unha actividade moi interesante que lles fixo descubrir a gran importancia ecolóxica deste lugar e a obriga que todo cidadán vigués ten de intentar preservalo.

Para curiosear

O VERBUM recibe a 1º e 2º

O pasado Martes 5 de Xuño os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria foron ao VERBUM: Casa das Palabras. Alí lles esperaban dúas monitoras que traballaron co grupo diferentes modos de comunicación a través dos cinco sentidos.

SorrisoDisfruta coas fotos

Días de convivencia en Allariz

O alumnado de 5º e 6º, xunto coas súas titoras, visitou a vila de Allariz. Alí, durante tres días, ademais de compartir xogos e risas, visitou os lugares máis interesantes desta vila: museos do xoguete, do coiro e do liño, un muiño, o festival de xardíns, o ecoespacio do Rexo e o santuario de Augas santas. Se queres ver imaxes da viaxe, preme na foto.

   Información sobre Allariz

1º e 2º de Primaria en VigoZoo

Os alumnos e alumnas do 1º Ciclo de Primaria estivemos en VigoZoo. Durante a visita observamos moitos animais diferentes, e puidemos coñecer algunhas cousiñas moi interesantes sobre a súa forma de vida.

Ver Galería de imaxes

E. Infantil foi a Apípolis

Os tres cursos de E. Infantil visitaron recentemente a granxa Apípolis onde pasaron un día estupendo e tiveron a oportunidade de achegarse moi de cerca ao mundo das abellas.

                          Máis información:

 

Ver álbum de fotos

E. Infantil 4 anos descubriu o tesouro dos piratas

 

O curso de E. Infantil 4 anos participou na búsqueda do tesouro que os piratas tiñan escondido nalgún lugar do colexio. Seguiron as instrucións do plano e finalmente atopárono. Noraboa rapaces!

Xa temos blogue!

Cliqueade na imaxe que está debaixo para acceder o blogue.

Distribuir contido