FESTIVAL FIN DE CURSO 2018/2019

Familias, xa podedes visualizar os vídeos do Festival de Fin de curso 2019.

Con eles despedímonos dun fantástico ano escolar adicado ao Monte, a súa protección e conservación.

Pronto estaremos de volta cun novo lema e con novas sorpresas e actividades.

FELIZ VERÁN!

 

Infantil 3 anos

 

 

Infantil 4 anos

Graduación Infantil 6 anos

1º Curso

2º Curso

3º Curso

4º Curso

5º Curso

6º Curso

Graduación 6º Curso

Coro Tintucanta

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

 

 

Prema no curso correspondente para acceder á lista de libros de texto.

 

         Infantil 3 anos

       Infantil 4 anos

   Infantil 5 anos

   1º curso

   2º curso

   3º curso

   4º curso

   5º curso

      6º curso   

 Nas primeiras semanas do mes de xullo publicaremos na nosa páxina web as listas dos alumnos beneficiarios do Fondo de Libros de 3º a 6º de Educación Primaria.

FORMALIZACION MATRICULA NOVOS ALUMNOS CURSO 2019-20

A formalización de matrícula para os novos alumnos do vindeiro curso farase entre o 20 e o 30 de Xuño.

 

Documentación a entregar:

- Documento de formalización de matrícula. ENLACE

- Anexo para o centro. ENLACE

- Autorización Imaxe alumno ENLACE

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

- Informe médico sanitario do pediatra en caso de intolerancias, alerxias ou enfemidades significativas.

- Catro fotos co nome e apelidos escritos na parte de atrás.

Revista escolar "O rechouchío" nº 17.

 

 

Estreamos a edición nº 17 da revista escolar "O RECHOUCHÍO", promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa participación de todo o alumnado, profesorado e ANPA do colexio. 

Nesta ocasión "Botámonos ao monte".

Esperamos que vos guste!!!

 

 

Extraterrestres en Tintureira.

 

Na aula de cinco anos estivemos a investigar sobre o sistema solar, e como remate de proxecto fixemos un video onde os nosos extraterrestres falan coa voz dos nen@s. Alucinante!!!

Preme na imaxe para ver o noso video.

Teatro: "O bosque doutro lado"

Os alumn@s da clase de quinto, representaron no patio cuberto do noso colexio unha adaptación teatral dun dos contos gañadores no concurso literario de inverno, titulado "O bosque do outro lado" escrito por Lara de 5º de primaria.

Foi todo un éxito!!!

AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS

AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS

DE 3º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os vindeiros días 28 e 29 de maio (martes e mércores), terá lugar nos centros educativos de Galicia a PROBA DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA dirixida ao alumnado de 3º curso de primaria e a PROBA DE AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA dirixida ao alumnado de 6º curso de primaria.

En 3º de Primaria avaliaranse as competencias en comunicación lingüística (castelán e galego) e en competencia matemática.

 

En 6º de Primaria avaliaranse as competencias en comunicación lingüística (galego, castelán e inglés), en competencia matemática e as competencias básicas en ciencias e tecnoloxía.

 

      Poden consultar máis información no DOG do 3 de maio, onde mediante resolución dítanse instrucións para o desenvolvemento destas avaliacións nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/19. 

 

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2019 (3º Primaria)

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019 (6º Primaria)

 

 

CONCURSO PASAPALABRA

Os nen@s de educación infantil e primaria participaron no concurso PASAPALABRA durante a semana das letras galegas.

As preguntas foron sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas.

 

Aquí tendes aos gañador@s co seu premio, un pin-pandereita.

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe celebramos o día das Letras Galegas no colexio, e comezamos coa visualización na biblioteca do sorprendente vídeo que realizaron un grupo de nen@s e profes do colexio, un traballo que nos deixou a tod@s abraiados.

No seguinte vídeo os momentos desta celebración, que inclúe a exposición da biografía do autor Antonio Fraguas por parte do alumnado de sexto, recitado de poemas dos nenos e nenas de educación infantil, a entrega de premios do concurso literario, o himno galego cantado por todo o colexio e este mesmo himno acompañado á frauta polos nenos e nenas de sexto.

 

 

Un día das Letras Galegas para lembrar!

Parabéns para tod@s!

 

ANTONIO FRAGUAS LETRAS GALEGAS 2019

Co gallo do día das Letras Galegas presentamos este vídeo como a nosa particular homenaxe á figura de Antonio Fraguas, á súa vida e obra, e ao importante papel que desempeñou como divulgador da nosa cultura.

 

Distribuir contido