ACTIVIDADE CONXUNTA

 Dende o noso colexio queremos levar a cabo unha iniciativa apoiándonos na vosa colaboración.

Pensamos que os rapaces/as durante estes días nos que teñen que pasar tantas horas na casa, poden facer algún tipo de actividade que será exposta posteriormente no recinto do colexio baixo o título “Tintureira Quedou Na Casa”.

A temática será libre e a actividade poderá ser plástica (manualidades, debuxos, maquetas…) ou literaria (conto, cómic, fábula, etc.)

Os rapaces/as deberán traer os seus traballos o primeiro día no que nos incorporemos ás clases.

Moitas grazas pola vosa colaboración

TINTUREIRA QUEDA NA CASA

Por orde da Xunta de Galicia, a actividade extraescolar e lectiva quedará suspendida durante un período de 14 días. Queremos darvos as grazas polo esforzo que teredes que facer para conciliar as vosas actividades con dita suspensión. 

Durante estes días recibiredes a través de Tokapp as instrucións das tarefas para o alumnado que recomendamos fagan durante estas dúas semanas.

Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro prioritariamente a través do correo electrónico do centro ceip.apaz@edu.xunta.es

Rogamos estean pendentes das novas publicadas na nosa páxina web e dos comunicados emitidos a través de Tokapp.

Esperamos que esta situación se normalice o máis pronto posible, entre tod@s é posible!

O Equipo Directivo

AVISO IMPORTANTE SOBRE PROCESO DE ADMISIÓN

. PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

2º PREMIO CONCURSO CARTEIS 8M

 Temos a ledicia de informar, que o noso centro vén de recibir o Segundo Premio no concurso de carteis convocado pola Xunta de Galicia, para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

 O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dos centros educativos galegos, a través dunha acción que permita visualizar a contribución das mulleres nos distintos ámbitos.

 

O traballo do noso alumnado e da súa profesora de artística Marta, foi premiado na categoría de 1º a 4º de Educación Primaria co cartel que leva por lema "Xuntas Enxeñamos Igualdade".

 Cada alumno e alumna participante foi premiado con dous vales de 25€ que as familias poderán gastar en diferentes comercios da zona. A Secretaría do noso centro enviará ás familias proximamente un comunicado sobre como e cando se lles fará entrega destes vales.

 Estamos moi orgullosos e orgullosas deste premio e deste traballo tan fantástico en prol da igualdade.

MAIS INFORMACIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2020/2021

 

Iníciase o proceso de admisión do alumnado, as familias deberán ter presente o seguinte calendario.

Publicarase no taboleiro e na web do centro a información referida as distintas fases.

 

PRIMEIRA FASE: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO (1-17 febreiro)

Este proceso está dirixido ao alumnado de 6º de Ed. Primaria que vaia realizar no 20-21 o curso de 1º da ESO no noso centro adscrito, o IES Coruxo.

O alumnado que esté actualmente matriculado nalgún curso no noso centro e que non vaia cambiar de colexio, non necesita facer ningún trámite, a súa praza queda automáticamente reservada para o curso seguinte. Se desexan facer algún cambio con respecto a materia optativa relixión/valores, deberán solicitar este cambio no centro durante este prazo.

O alumnado de 6º de primaria que vaia cursar 1º da ESO no seu centro adscrito, o IES Coruxo, deberá entregar na secretaría do noso centro o Anexo I de reserva de praza cuberto e asinado, poden imprimilo no seguinte enlace. ENLACE ANEXO I 

Poden tamén presentar esta solicitude na Sede electrónica da Xunta de Galicia ENLACE

O prazo para entregar este ANEXO I estará aberto entre o 1 e o 17 de febreiro.

 

SEGUNDA FASE: SOLICITUDE DE PRAZA (1 marzo-20 marzo)

Este proceso está dirixido a:

- O alumnado novo que vaia cursar 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 20-21.

- O alumnado procedente doutros centros.

- O alumnado de 6º de Primaria que vaia cursar 1º da ESO noutro centro diferente ao seu centro adscrito.

 Entregar cuberto o ANEXO II  no centro solicitado como 1ª opción, xunto coa seguinte documentación:

- Copia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia da folla na que está inscrito/a o alumno/a que se vai matricular.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

MAIS INFORMACIÓN:  

www.edu.xunta.gal

ENTROIDO 2020

Dende o noso cole, preparamos o Entroido con moita ilusión. Comezamos adornando as nosas paredes para dar a benvida a unha festa moi importante en Galicia!

 

 

E ao fin chegou o día!! Na web do cole atoparedes un fantástico vídeo subido pola profe Manuela.

 Fixemos bailes:

 

Un animado percorrido polo pobo:

 

E para rematar, unha merendola preparada polas familias dos alumnos/as que fixo as nosas delicias. Moitísimas grazas! Non esqueceremos nunca este Entroido!!

 

Entroido 2020

   
   

Baixo o lema "TintuOlimpiadas 2020" celebramos o Entroido deste ano.

Toda unha festa chea de ritmo, música, colorido e rica gastronomía.

 

Entroido 2020 Baile

 O Entroido xa está a piques de chegar

e este baile debes preparar!

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Aquelas familias interesadas en coñecer o noso colexio de cara á matriculación para o vindeiro curso 2020/2021, poderán facelo na xornada de portas abertas que terá lugar:

     Martes, 18 de febreiro ás 17:00 h

      Martes, 3 de marzo ás 17:00 h

Invitámolos tamén a coñecer o noso centro visitando os distintos apartados desta web nos que obterán información sobre as nosas instalacións e as actividades que desenvolvemos.

O prazo de entrega de solicitudes de admisión será entre o 1 e o 20 de marzo.

Se desexa saber se o noso centro lle corresponde por zona prema  AQUÍ 

 O noso centro é a ZONA 11.

DÍA DA PAZ

Durante estes días adornamos o noso cole con murais para celebrar o acto do día da Paz como se merece. Que vos parecen?

 

E por fin chegou o día! Houbo cancións e lectura dun manifesto de Paz por parte do alumnado de sexto curso. Aquí tedes unhas imaxes dos momentos máis emotivos que vivimos todos xuntos.

 

 

Distribuir contido