Skip to Content

Oferta Educativa

Ensinanzas que se imparten no centro

No C.E.I.P Plurilingüe Antonio Palacios impártese docencia nas etapas educativas de Educación Infantil e Primaria. A primeira abrangue nenos de entre 3 e 6 anos, e na etapa de Primaria rapaces entre os 6 e os 12 anos. O noso é un colexio de dúas liñas, polo que hai dúas aulas por cada nivel educativo, facendo un total de 18 unidades.

O Decreto 130/07 establece o currículo da Educación Primaria na nosa comunidade autónoma, nel podedes ter información acerca de obxectivos, contidos, niveis educativos, etc. 

Coa aprobación da nova Lei educativa, LOMCE, o curso 2014-2015 convive con dúas Leis (LOE e LOMCE) e dous Decretos polos que se establece o currículo de Educación Primaria, o Decreto 130/07 (LOE) e o Decreto 105/2014 (LOMCE) que se implantará en 1º, 3º e 5º de Educación Primaria.

Así mesmo podedes atopar a mesma información no Decreto 330/09 que regula o currículo da Educación Infantil.

Distribuir contido


by Dr. Radut