Skip to Content

Centro

ASI TRABALLAMOS NO COLEXIO

DIGITALENT Y BIBLIOTECA CREATIVA

O noso centro foi seleccionado para dous novos proxectos para levar a cabo durante este ano académico

  • Digitalent: Proxecto DIGICRAFT NO TEU COLE no marco do plan DIGITALENT, por medio do cal preténdese potenciar o desenvolvemento da competencia dixital. Para levalo a cabo dotan ao centro con material adecuado: 12 tablets e "2 kits instant dixital skills". Acceso a convocatoria e resolución
  • Biblioteca Creativa: proxecto polo cal se quere apoiar a experimentación e a investigación, dos robots e da linguaxe da programación na biblioteca escolar. Acceso a convocatoria e resolución

REVISTA DIXITAL ARTE E PINTURA 2019

    Este curso estivemos inmersos nun proxecto de arte e pintura. Miró, Kandinsky, Bansky... cada nivel escolleu un ou varios artistas, investigou a súa vida, a súa obra é despois fixo a súa propia representación artística inspirados nestes autores/as. Este xeito de traballar vai máis alá do referidio a  aspectos plásticos, estéticos ou artísticos, implica relacionar diferentes ámbitos de aprendizaxe e compartir o aprendido.

   Todo este traballo queda recollido nesta revista dixital, unha obra colaborativa na que se implicou todo o cole e que pretende mostrarnos unha pequena parte do aprendido. Agardamos que desfrutedes dela e non deixedes de clicar nas imaxes, hai moitas sorpresas agochadas!

 

CURSO 2016/17. HÁBITOS SAÚDABLES

Neste segundo trimestre estivemos a facer dípticos relacionados co proxecto do centro que estaba relacionado cos hábitos saúdables. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut