Skip to Content

Localización

Contorno

 

O CEIP Plurilingüe Antonio Palacios atópase en A Relva, na localidade de Torneiros (O Porriño- Pontevedra).

 Torneiros é a parroquia máis próxima ó núcleo urbano do Porriño e o espacio natural de expansión da vila. De Feito conta con servizos comunitarios de gran importancia e cinco polígonos de vivendas que o convirten no segundo núcleo de poboación do municipio.

A historia desta parroquia destaca polos sucesos derivados da Guerra da Independencia. Nos seus campos librouse a batalla d´o Fulgueiro, logo do fusilamento do sacristán da parroquia Don Manuel de Matos, a tarde do 12 de marzo de 1809, feitos que motivarían a rebelión popular contra os franceses e a posterior liberación de todo o pobo do Porriño.

Entre os lugares máis salientables que poderemos visitar nesta parroquia destaca sobremaneira a Igrexa de San Salvador, patrón da mesma, construída no ano 1765 e reedificada en 1801, cunha imponente fachada coroada por unha soberbia torre con balaustrada. Tamén destaca a capela de San Roque, cunha gran raigame popular, na que se celebra a sonada romería o 16 de agosto de cada ano, e que deu xerme á coñecida copla deHei de le varlle unha vela / a San Roque queridiño / e pra o canciño que ten / un pantrigo do Porriño.

Por outra banda tamén destaca Torneiros polos seus cruceiros, Como os da Mota, Celeiro e o dos Matos, que antigamente recibía unha grande cantidade de ofrendas en forma de productos granícolas coas que os veciños lle pedían un ano de boas colleitas.

 

 O nome de Torneiros provén da profesión aferrada aos tornos, abundantes na zona ao longo do río que percorre a parroquia. Indicios da tradición oral dan lugar á existencia de asentamentos de antigos precursores na parroquia, así como alteracións no terreo como é no caso do coto da Mota (barrio da Mota). A Mota consta no PXOM de O Porriño (aprobado o 26/6/2003 e publicado no BOP o 21/10/2003) como zona de protección integral e xeral debido a existencia de elemetos arqueolóxicos da época medieval.

Habitantes: 4.431

Barrios: Casal de Vello, O Contrasto, A Florida, A Gándara, A Mota, O Noval, A Pereira, A Relva, A Ribeira e O Seixo.

Advocación: San Salvador.

Festas:

San Rosendo, primeiro domingo de marzo.

Virxe das Flores, último domingo de maio.

Festa da Xuntanza, mediados de xuño.

San Roque, 16 de agosto.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut