Skip to Content

Letras Galegas 2010

O 17 de maio celébrase o día das letras galegas, para render homenaxe a tódolos artistas e escritores que fixeron uso e defensa da nosa lingua. Neste ano 2010, foi  foi adicado ao "poeta do Courel" Uxío Novoneyra.

Ademáis de realizar un traballo de "investigación" sobre a vida e a obra deste insigne escritor, celebramos o tradicional festival das Letras Galegas, no que as distintas clases fixemos unha pequena representación, ou número artístico.

Este ano, como novidade decidimos celebrar non só un día, senón unha Semana das Letras Galegas, na que desde o mércores 19 ao venres 21 fixemos distintas actividades e actos, co proposito de darlle un pulo forte á nosa lingua galega,e valorala como merece.

 

 



page | by Dr. Radut