Skip to Content

Halloween no Antonio Palacios

A pasada semana, aproveitando que nos países anglosaxóns se festexaba o día de Halloween e que en Galicia contamos co Samaín, o equipo de plurilingüismo do centro preparou unha serie de actividades especiais para o noso alumnado. A finalidade destas actividades é que os nosos alumnos e alumnas practiquen o seu inglés e ao mesmo tempo pasen un bo rato. 

As mestras de inglés en infantil traballaron durante as súas clases o divertido libro What's in the witch's kitchen, e o día 30 todo o alumnado de infantil desfrutou dun divertido obradoiro de galletas de Halloween.

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º tiveron unha sesión de contacontos en inglés onde escoitaron a historia de Meg and Mog, e ademáis desfrutaron de outras actividades como cancións e xogos en inglés.

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º leron o libro Room on the Broom de Julia Donaldson durante as clases de inglés, e o día 30 viron a película baseada nesta fermosa historia.

Finalmente, os alumnos e alumnas de 5º e 6º participaron nunha búsqueda do tesouro con pistas en inglés, onde tiñan que traballar en equipo para descifrar todas as pistas e conseguir un tesouro de Halloween.

 

Aquí tedes algunhas imaxes sobre as actividades deste día:

 

 



page | by Dr. Radut