Skip to Content

Primeiras semanas de traballo coa nosa nova auxiliar de conversa

Este ano, coma en anos anteriores, contamos cunha nova auxiliar de conversa. O seu nome é Heather e vén de Washington DC, nos Estados Unidos. Comezou o seu traballo no noso centro neste mes de outubro e estará connosco ata o mes de maio. Nestas primeiras semanas puidemos facerlle preguntas para coñecela un pouco mellor, e ademais tróuxonos fotos e vídeos para saber un pouco máis sobre o seu país, a súa cidade, a súa familia e os seus intereses. Nós tamén lle contamos cousas sobre Galicia e sobre nós, e ata tivemos tempo para bailar e cantar con ela. Aquí tedes algunhas imaxes destas primeiras clases con Heather:

Atoparedes máis imaxes e información sobre as actividades que levamos a cabo nas clases de inglés no blogue de inglés do centro. Aquí tedes o enlace: 

https://5littlepumpkinsblog.blogspot.com.es/



page | by Dr. Radut