Skip to Content

Traballamos coa nosa auxiliar de conversa

Este curso, coma en anos anteriores, contamos no centro cunha auxiliar de conversa estadounidense. Neste caso chámase Clara e vén de Chicago. Durante o primeiro trimestre non só traballamos a comprensión e expresión en lingua inglesa, sobre todo de maneira oral, senón que tamén nos explicou moitas cousas sobre o seu país, como por exemplo como é a súa cidade ou en que consisten festividades coma Halloween, Thanksgiving Day, Christmas ou Hannukah. Aquí tedes algunhas imaxes do traballo que realizamos con ela. 

 



page | by Dr. Radut