Outras actividades

AS MULLERES DA NOSA VIDA

O venres pasado colgamos o mural que fixemos con motivo do día da muller e queremos que tod@s o desfrutedes. 

DESPEDIDA ALEJANDRO

Moitas grazas por todo Alejandro, desexámosche o mellor!

VALENTINE'S DAY

O venres festexamos o día da amizade no noso cole. Alumnado e profesorado recibiron postais onde os seus compañeiros e compañeiras lles mostraban o seu aprecio.

Mercado solidario- Fundación Aladina

Moitas gracias pola vosa colaboración. Para nós foi unha alegría recibir esta mensaxe da Fundación Aladina.

25N-POR UN MUNDO VIOLETA

Desde o Ceip Antonio Fernández López  rexeitamos a violencia, por iso sumámonos a loita contra a violencia de xénero elaborando un vídeo no que o alumnado interpreta a canción Que se acaben las lágrimas de Huecco. Todos xuntos loitamos  por un mundo violeta. Para ver o vídeo preme na imaxe.

 

Este ano tamén participamos en EQUALITER, un proxecto compartido por distintos colexios de Galicia que pretende ser unha "rede social" (rede de axuda, de apoio, de confianza...) para lembrarlles a todas as persoas quesofren violencia de xénero que non están soas. Preme na foto para ver o vídeo

 

VIVIR

Os nenos e nenas do Ceip Antonio Fernández López fixeron un lipdub da canción Vivir de Rozalen e Estopa  para conmemorar o 19 de Outubro, Día Internacional Do Cancro de Mama. Preme na imaxe para ver o vídeo.

CONTACONTOS NO OURAL

Onte tivemos unha visita moi especial no Oural. Visitounos Raquel Queizás, unha contacontos patrocinada pola concellería de Cultura e Igualdade de Sarria na semana das letras e da lectura.

  

Horto Escolar- VOZ NATURA

Fai unhas semanas, os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria plantaron no horto leitugas, cebolas, fresas, tomates, pementos e outras verduras. 

DÍA DO LIBRO 2019

                                                                

Distribuir contido