DESPEDIDA 6º

Os nenos e nenas de 6º de Primaria sorprendéronnos o último día cunha actuación brillante na que recordaron as cancións e bailes que  máis lles gustaron durante o seu paso polo cole de Oural.

 

Desde o cole tamén quixemos darlles as gracias por todo o que nos aportaron estes anos, e recordarlles, como di no vídeo "Non vos esquezades que aquí quedamos, desfrutando os vosos logros e coas mans tendidas se algunha vez nos necesitades".