TEATRO "CICLO TÁBOAS CHEAS DE EMOCIÓN"

Esta mañá desfrutamos dunha representación teatral organizada pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo xestionada pola ANPA. Visitounos o grupo Alentía Teatro que nos contaron desde unha perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica varias historias que nos invitaron a reflexionar sobre o ecoloxismo, a diversidade, a tolerancia...

 

 

CHARLA AFECTIVO-SEXUAL

Hoxe o alumnado de 6º EI, 1º,2º, 5º e 6º de E.P, recibiron cole unha charla afectivo-sexual impartida por dúas matronas do Colexio de Enfermería de Lugo. Trataron diversos aspectos relacionados coa reprodución, cos cambios corporais ligados á puberdade... entre outros. Esta actividade foi organizada pola FAPACEL e xestionada pola ANPA.

SAMAÍN E MAGOSTO

Empezamos o día cunha sorpresa terrorífica (o túnel do terror non podía faltar neste día). Despois tivemos tempo de xogos, e rematamos o día co magosto!
Tamén queremos darvos as grazas pola vosa creatividade nos adornos de Samaín que fixestes cos vosos fillos e fillas, xa que todos e cada un deles eran espectaculares. Ensinámosvos unha pequena parte de todo o que adornou o noso cole esta semana.
Bo Samaín! Happy Halloween!
 
 

O NOSO COMPOSTERIO #RetoResponsables

O CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López é unha escola comprometida co coidado da terra e a construción dun mundo mellor. Mediante este proxecto os nenos e nenas aprenden a observar e comprender o ciclo da materia orgánica, así como a facerse cargo dos residuos da escola e crear o seu compost. Introducir o comedor escolar no proxecto é un punto clave para unha aprendizaxe significativa e unha coherencia global. Con este proxecto unímonos ao 1º reto de Voz Natura: #RetoResponsables

 

24 DE OUTUBRO- DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celebramos o día da casa de Antolín, o día da BIBLIOTECA: abrimos de novo as súas portas despois dos cambios e comezaron a súa aventura as mochilas viaxeiras. Pero, o mellor de todo, foi as caras de sorpresa cando “os maiores” apareceron nas clases de infantil pa contarlle un conto. Que ben o pasaron! Xa están desexando que volvan!
Feliz día das bibliotecas!

A RADIO DO PATRIMONIO

O alumnado de 6º participou hoxe en Sarria na gravación do programa "A Radio do Patrimonio". Aquí tedes o resultado! 

19OUTUBRO-DÍAMUNDIALDOCANCRODEMAMA

Sumámonos a conmemoración  do #DíaMundialContraoCancrodeMama para concienciar aos nenos da importancia  da investigación e diagnóstico precoz desta enfermidade. Colgamos das árbores corazóns con mensaxes de ánimo  para todas as mulleres loitadoras.

EXCURSIÓN TROPIC GAIA E MUSEO PROVINCIAL DO MAR

O pasado xoves, grazas a actividade ofertada pola Deputación de Lugo  "Da escola á granxa" e solicitada pola ANPA do cole, fomos de excursión a Mariña lucense. Visitamos Tropic Gaia onde coñecemos como cultivan as pitaias, recollemos fresas e fisalis!

 

Despois de comer achegámonos ao Museo Provincial do Mar e demos un paseo ata o Faro de Punta Atalaia.

Distribuir contido