DESPEDIDA 6º

Chegou o momento de  decir "ata pronto" aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Aquí vos deixamos un vídeo de despedida que todo o profesorado preparamos con moito cariño. Esperamos que vos guste.

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
     

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO

Desde o departamento de orientación propoñémosvos facer a vosa cápsula do tempo. No documento adxunto, podedes ver un caderno onde ir anotando distintas actividades, para logo gardalas e compartilas transcurrido un tempo. ANIMÁDEVOS A FACELA! .

FELIZ DÍA DO LIBRO

Os nenos e nenas de Infantil, para celebrar o día libro, fixeron un debuxo do seu libro favorito.

 

ESTAMOS ORGULLOSOS DE VÓS

Os mestres e mestras queremos agradecerlle o seu traballo aos nosos heroes e heroínas.

GUÍA DE RECURSOS- ORIENTACIÓN

ACHÉGOVOS UNHA GUÍA DE RECURSOS INTERESANTES DA FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE, CON CONSELLOS, RECURSOS AUDIOVISUAIS, EXERCICIOS.... PARA NENOS E NENAS E ADULTOS. ESPERO QUE VOS GUSTE.

 

Preme na imaxe para acceder a guía ou no enlace que deixamos a continuación para máis información:

https://www.fundacionmariajosejove.org/guia-de-recursos-yomequedoencasa-covid-19/

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Benqueridas familias. Queremos agradecervos o apoio ás distintas iniciativas que estamos a desenvolver nestes momentos tan duros. Estamos empezando o novo camiño e xa vedes que non é moi doado. Queremos compartir  con vós as fotos que nos mandastes po vídeo de resistiré, porque  internet as veces xóganos malas pasadas e os correos non chegan. 
Estade moi atentos á páxina web porque seguiremos propoñendo actividades, e non vos esquezades do blog de Antolín, onde seguiremos propoñendo distintos retos. 

   
   
Distribuir contido