blogue demctrasre

BECAS MEC

BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

O Ministerio de Educación abriu o prazo da convocatoria das bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, curso 2020 - 2021

Os destinatarios son os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 9 de agosto e remata o 30 de setembro de 2020.

 

Para máis información preme no enlace

 

BECAS MEC

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
     

RECOMENDACIÓN ACTIVIDADES COVICOARENTENA

É MOI IMPORTANTE QUE OS NENOS-AS NON PERDAN A SÚA RUTINA NORMAL PARA APRENDER E DESENROLARSE AÍNDA QUE ESTEMOS NUNHAS “VACACIÓNS FORZOSAS

Aínda que hai moitas distracións, como a televisión ou internet, é importante que os nenos e nenas non perdan o ritmo dos seus estudos. Para acadalo, o primeiro é establecer un horario, especialmente pola mañá. O ideal sería respectar o horario do colexio.

Son moitas as actividades que os vosos profesores os irán mandando para que fagades paulatinamente. Eso sí, tamén merecedes un recreo, igual que no cole.

Sería convinte que os nenos-as tivesen un espazo donde se adicasen a estudiar sin distracións. Un espazo ordenado con boa luz e apartado de ruidos .

Ademais das numerosas actividades “lectivas” e dos retos formulados por “Antolín” aínda nos quedará tempo para levar a cabo outras tarefas :   

Pintar : a pintura axuda a fortalecer a creatividade dos rapaces na casa, ademáis de entretelos por un bo rato. Dádelle folios, pinturas, rotuladores… incluso adicade parte do tempo a dibuxar cos vosos fillos-as, así fortalécese a relación.

Xogos de mesa: co uso da tecnoloxía quedaron atrás o parchís, a oca, a baralla…Nestes tempos de illamento unha boa alternativa para disfrutar, despexar a mente e fomentar a imaxinación, son os xogos de mesa.

 Ler: si están comezando a ler, lede con eles un pouco cada día. Si xa saben, ofrecédelle un libro , un conto  e escoitádeos . Non é aconsellable que lean en dispositivos móviles ou tablets.Incluso podedes crear o voso conto do “Coronavirus”

 Exercicio: os nenos-as necesitan exercitarse para o seu desenrolo. Que salten, bailen…Esto axudarálles a dormir mellor e evitará o sedentarismo. Los niños necesitan ejercitarse para su desarrollo. Prepara cualquier lugar de la casa para que pueda practicar alguna actividad física, ya sea que salten, bailen o se estiren. Esto los ayudará a dormir mejor y evitara el sedentarismo.

Manualidades: con material de refugallo (tapas, botellas, las de cores, tela…)Podedes facer cantidade de cousas !

A todos nos tocou vivir unha experiencia nova de reclusión nas nosas casas pero debemos saber sacar proveito dela  para volver ao cole con máis forza. 

UN ENORME ABRAZO DENDE A CASA

 

 

Plan de Igualdade

Plan de Igualdade

Plan de Igualdade

Plan de convivencia

ENTROIDO 2019

UN ANO MAIS CHEGOU O ENTROIDO AO CEIP ANTONIO FERÁNDEZ LÓPEZ, O TEMA CENTRAL FORON OS MUSICAIS, AQUÍ VEREDES UNHA PEQUENA MOSTRA. SE QUERES VER AS ACTUACIÓNS DAS DISTINTAS COMPARSAS PREME NO ENLACE.

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, INAUGURARON O ACTO CO MUSICAL MAMMA MIA!

 

OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA BAILARON AO RITMO DE "CAMP ROCK".

 

 

OS NENOS E NENAS DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA REPRESENTARON O MUSICAL "PETER PAN"

 

 OS ALUMNOS E ALUMNAS DE TERCERIO E CUARTO DE  EDUCACIÓN PRIMARIA: "A FAMILIA ADAMS".

 OS ALUMNOS E ALUMNAS DE QUINTO CURSO "BAILANDO BAIXO A CHOIVA".

 OS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO CURSO BAILARON AO RITMO DE "GREASE"

 

 

Distribuir contido