PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2021-2022

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA:

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 18/12/2020. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de cada ano.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Os prazos máis salientables son os seguintes:

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio. 

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

- FORMULARIO ED550A  (GALEGO)

- FORMULARIO ED550A (CASTELÁN)

DOCUMENTACIÓN SOBRE CRITERIOS ADMISIÓN

- Decreto 254_2012, do 13 decembro

- Orde do 12 de marzo de 2013

- Orde do 18 de decembro de 2020, ( modifica Orde do 12 de marzo de 2013)

- Orde do 25 de xaneiro de 2017

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer