IT´S SUMMER TIME!

Ola bloguei@s:

    Xa estamos encamiñando a recta final deste curso e as vacacións de verán están casi ao alcance da man... así que so nos queda planificar o que nos apetece facer neste tempo de lecer tan merecido, despois do esforzo extra que supuxo este curioso curso escolar co que nos tocou lidiar este ano.

    Para elo douvos varias opcións de escolla a través dunhas fichas nas que podemos optar por desfrutar da praia (BEACH); de viaxar a unha cidade e visitar un zoo, que, por certo, se escribe igual en inglés (ZOO) ainda que se pronuncie algo así como suu, soando a s como o zumbido dun insecto voando; ou de quedarnos axudando na granxa dos avós (FARM) e coidando  as crias de animais que viven nela.

     Sexa como fore, tamén podemos combinar todas estas actividades porque, por suposto, non son excluintes entre elas... e axudar na granxa non quita visitar unha fin de semana o zoo,  ou ir a praia a desfrutar dun chapuzón e xogar na area para variar... 

     A realización é sinxela, so vos tedes que debuxar dentro da foto na situación que escollades, ou de todas se así o preferides.

    Porque todos sabemos que despois de finalizadas as vacacións, sempre nos quedan como consolo, os recordos do ben que o pasamos atrapados nas fotos que fixemos nos lugares onde estivemos. Así desfrutamos estes ratos de felicidade doblemente, xa que os podemos revivir sempre que botemos man desas imaxes.

   Tamén incluimos un xogo de parchís que nos servirá para recordar os nomes dos animais que viven na granxa: hen (galiña), sheep (ovella), pig (porco), chick (poliño), horse (cabalo) e cow (vaca); e co que poderemos xogar na casa aqueles dias que non faga bo e non poidamos sair fóra. Se o pintamos ao noso gusto e logo temos opción de plastificalo, seguro que ha quedar ben chulo!

 

Ata pronto ami@s!

AnexoTamaño
splash_level_b_tex_words_09.pdf357.46 KB
splash_level_a_tex_words_08.pdf440.9 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer