Skip to Content

Asignación de prazas no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes - Curso 2024/25

Infórmase de que todo o alumnado de sexto curso de EP que presentou a reserva de praza no centro de adscrición, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, para a  escolarización no vindeiro curso escolar 2024/25, está admitido e con praza asignada.

 

Día Internacional da Muller 2024

Conmemoramos con diferentes actividades o 8 de Marzo , "Día Internacional da Muller";  xornada recoñecida pola ONU para reivindicar a loita de todas as mulleres polo seu desenvolvemento íntegro e de igualdade en todos os ámbitos sociais.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día Internacional da muller 2024

Ecohortas: xornada de convivencia en Burela

Alumnado do grupo de 6ºC de EP, participante no programa "Ecohortas" do "Plan Proxecta" que se está a desenvolver no centro, viaxou a Burela para participar nunha xornada de convivencia con alumnos/as  e profesorado do  IES Monte Castelo, desta localidade, máis o  Ceip de Prácticas, da provincia da Coruña.

Xunto coas asesoras de "Amigos da Terra", participaron en diferentes obradoiros e actividades: unha viaxe polo tempo nas fases da recollida do millo, identificación de diferentes plantas silvestres e aromáticas, pintura artística con nogalina, carreiras de orientación, tarefas de plantación ...

Foi unha xornada moi completa na que disfrutamos, aprendimos e decatámonos da importancia da colaboración no traballo e da convivencia en grupo.

 

Agradecemos enormemente a acollida do IES Monte Castelo, e o traballo e organización das nosas asesoras, que como sempre, nunca deixan de sorprendernos. Graciñas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ecohortas: xornada de convivencia

Día de Rosalía de Castro

Coincidindo coa data do seu nacemento, o 23 de febreiro, conmemoramos o día da escritora, poeta e referente da cultura galega: Rosalía de Castro.

Entre as diversas actividades realizadas, alumnado de 6º curso quixo por voz ao poema inicial da súa obra "Cantares Gallegos" titulado "Has de cantar".

 

Visita das xogadoras do Ensino CB

O alumnado de sexto de EP, recibíu a grata visita de Ane Olaeta e de Blanca Millán,  xogadoras de Ensino Lugo CB. Destacaron a importancia de apoiar ao deporte feminino e convidáronnos á asistencia do derby galego que xogarán contra o Celta CB baixo o lema "FAINO POR TI, POR ELAS E POR TODAS", o vindeiro 24 de febreiro. 

MOITA SORTE ENSINO LUGO CB!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita das xogadoras do Ensino CB

Xornada de Portas Abertas

Non é preciso confirmar asistencia

Reserva de praza para 1º da ESO

No seguinte enlace, o alumnado de 6º de Educación Primaria,  pode consultar a información cos pasos a seguir  para a reserva de praza de 1º da ESO.

 

Descarga modelo ED550A

Descarga modelo ED550B

Enlace á sede electrónica

Ciberexpertos

O alumnado de 6º curso asistíu ás sesións informativas impartidas, por un axente da  Policía Nacional, sobre seguridade nas redes sociais nas que afondaron en temas tan importantes como identidade dixital, comportamentos en liña, tecnoadicións, xestión de privacidade, grooming, ciberbulling, xogos e contidos inapropiados...

Premendo na imaxe, podedes acceder a unha miniguía con  máis información sobre estes temas.


 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ciberexpertos

Obradoiro sobre dixestión e respiración

O alumnado de 4º curso de E.P, participou nun obradoiro no que se achegou ao estudo e visualización dos procesos de dixestión e respiración. A través do microscopio, observaron parte dos mesmos.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Obradoiro sobre dixestión e respiración

Plan Proxecta: Construíndo comedeiros para aves

O alumnado de 3º e 5º curso de E.Primaria, partícipe no programa "Ecohortas" do "Plan Proxecta" que estamos a desenvolver no noso centro, construíron comedeiros para aves utilizando como materiais: piñas, manteiga de cacahuete, pipas e distintas sementes.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ecohortas: Construíndo comedoiros
Distribuir contido


by Dr. Radut