Esquema de temas

  • · Presentación

    Empecemos polo principio.

    Estás na Aula Virtual do CEIP da Maía (Ames).

    Neste lugar terás unha serie de pautas para poder levar a cabo unha educación telemática que se compatibilice coa tradicional educación presencial. Serviremos de guía e de titorial para que poidades entrar nos vosos cursos e participar neles de xeito doado e eficiente.


    • Como acceder á Aula Virtual do centro

    • Como acceder á aula virtual como Estudante

      Paso a paso. 

      Recomendamos facer isto nun ordenador e non nun dispositivo móbil.


      1- Busca na marxe superior dereita da Aula virtual esta mensaxe "Vostede non se identificou. (Acceder)" ou "Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)".

      2- Preme en ACCEDER.

      3- Na sección onde pon ACCEDER, na caixa de NOME DE USUARIO escribe o nome de usuario do alumno ou alumna.

      CAL É O NOME DE USUARIO?

      O usuario de cada alumno/a é o seu nome e apelidos en minúscula, sen acentos e sen til, polo que se os datos teñen “Ñ” hai que cambiar o “Ñ” por un “n”. O nome estará separado dos apelidos por un punto (.)

      Exemplos:

      NOME E APELIDOS SIMPLES: Ana López Iglesias sería ana.lopeziglesias

      NOME COMPOSTO: Ana María López Iglesias sería ana.maria.lopeziglesias; María del Carmen López Iglesias sería maria.del.carmen.lopeziglesias.

      APELIDO COMPOSTO: Ana López de la Iglesia sería ana.lopezdelaiglesia; Breixo Núñez da Costa sería breixo.nunezdacosta.

      NOME OU APELIDO CON “Ñ”:  Ana López Vilariño sería ana.lopezvilarino.

      4- Si, xa sabemos que é a túa primeira vez aquí, pero NON ENTRES en É esta a súa primeira vez aquí? nin en CREAR UNHA NOVA CONTA. NON. As contas xa están feitas; tan só tedes que configuralas.

      5- Agora tes que ingresar o contrasinal na caixa de abaixo.

      Cal é o meu CONTRASINAL?

      O contrasinal por defecto será enviado polos vosos titores É un contrasinal provisional dun só uso. Despois de escribilo na caixa correspondente, pulsade o botón de ACCESO.

      Unha vez entredes o sistema vaivos obrigar a cambialo por un contrasinal que só saibades vós. Por favor, sede coidadosos ao elixilo e apuntádeo para non perdelo. É a vosa responsabilidade.


      • · Abalar Móbil

        Neste apartado explicamos como instalar Abalar Móbil nos vosos dispositivos de xeito doado por medio de dous vídeos titoriais.

        Consideramos vital que usedes esta ferramenta, porque conecta de xeito seguro a docentes e familias para unha comunicación fluída. Poderedes consultar as cualificacións, recibir notificacións, solicitar titorías para comentar aspectos do devir dos vosos fillos e fillas, etcétera.

      • · Videoconferencias WEBEX

        Neste titorial explícase como usar o sistema de videoconferencias WEBEX.

      • Moodle Mobile

      • ... Máis axudas en breve.