Calendario escolar

CALENDARIO ESCOLAR 2023/24

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO ESCOLAR 2023/24

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

VACACIÓNS ESCOLARES:

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:

  • Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos incluídos.
  • Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.
  • Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos.

DÍAS NON LECTIVOS

Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

  • 12 de outubro de 2023. Festivo nacional
  • 1 de novembro de 2023. Festivo nacional
  • 6 e 8 de decembro de 2023. Festivos nacionais
  • 7 de decembro de 2023. Día do Ensino
  • 9 de maio de 2024. Festivo local (Ascensión)
  • 17 de maio de 2024. Día das Letras Galegas

 

MODIFICACIÓNS AO CALENDARIO ESCOLAR

 Para este curso o centro solicitou como non lectivo o 10 de maio de 2024 (pendente de aprobación).

 

Calendario escolar 2022/23

 
ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO ESCOLAR 2022/2023

-As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

VACACIÓNS ESCOLARES :

– NADAL: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

– ENTROIDO: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.

– SEMANA SANTA: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

 DÍAS NON LECTIVOS

Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.:

12 de outubro de 2022. Festivo nacional

31 de outubro de 2022,Día do Ensino.

1 de novembro. Festivo nacional

6 e 8 de decembro – Festivos nacionais

17 de maio de 2023. Día das letras Galegas

18 de maio de 2023 – Festivo local (Ascensión)

MODIFICACIÓNS AO CALENDARIO ESCOLAR

  Para este curso o centro solicitou como non lectivo o 19 de maio de 2023 (pendente de aprobación)

 


 

Powered by Drupal - Design by artinet