Profesional

Mapa sociolingüístico escolar de Ames

Este traballo ten como obxectivo proporcionar unha visión da  situación sociolingüística nos centros educativos de Ames desde as Escolas Infantís

ata os Institutos de Educación Secundaria, empregando distintas metodoloxías de  investigación (autoinforme e análise observacional) e integrando a visión dos diferentes axentes sociais implicados (familias, alumnado e profesorado), para o que se realizaron entrevistas semiestruturadas ao profesorado dos centros educativos, cuxos resultados se incluirán nun informe posterior.

Pero o propósito do traballo vai alén dese obxectivo, pois apunta á necesidade de, a partir dun coñecemento preciso da realidade obtido coa colaboración dos propios sectores implicados, deseñar e poñer en práctica liñas de intervención eficaces para reverter o efecto desgaleguizador dos principais contextos de socialización dos escolares do periurbano galego. Para isto precísase un marco legal e político axeitado e o impulso desde as institucións, isto é  a Xunta de Galicia e o Estado, pero tamén accións de distinto tipo promovidas polos diversos axentes sociais.

Coñecer a realidade e divulgar información verídica, obtida mediante procedementos contrastados, contribúe a incrementar a conciencia dunha acción política, social e cultural imprescindible para garantirlle un futuro digno ao noso idioma.

Unha acción que ten que poñer o foco nas nenas e nenos desde a súa entrada no sistema educativo, pero prestando especial atención aos cambios de ciclo e etapa, momentos vitais nos que os escolares son máis susceptibles de mudar o seu comportamento para se adaptar ao medio. Reconforta comprobar que nese compromiso concordamos e atopamos vías de colaboración a Real Academia Galega, a través do Seminario de Sociolingüística, e o Concello de Ames, un dos máis dinámicos de Galicia, tanto no aspecto demográfico coma no sociocultural.

Pódese acceder neste enlace ou descargar o arquivo adxunto.

Profesorado Curso 2021/22

Presentamos o Claustro do centro para o curso 2021/22.

Educación Infantil (EI)
4ºA María Dolores Corujo Martínez
4ºB Sandra María Maceira Castro
5ºA Rosa María Gato Lueiro
5ºB Rosa Pérez Nogueiras
5ºC Ramón Xosé Rodríguez Orol
6ºA Noelia Pereira Saavedra
6ºB Vanessa Blanco Figueira
6ºC María San Martín Góme
Apoios María Jesús Janeiro Caramés e María Isabel Abelleira Bardanca
Educación Primaria (EP)
1ºA Miriam Ruso Valiña
1ºB Beatriz Guerra Bastida
1ºC Antía Cores Torres
2ºA Irene López Díaz
2ºB Mercedes Rey Rañal
2ºC José Luís García Ríos
3ºA José Carlos Domínguez Valcárcel
3ºB Estefanía Pena Bascoy
3ºC Vanessa Rodeiro Cereijo
4ºA María Isabel Rodríguez Becerra 
4ºB Francisco López Cañás
4ºC Ana Katterina Gómez Pardo
4ºD José Antonio Villaverde Vaya
5ºA Cristina Barros Martínez
5ºB María Inmaculada Rodríguez Maceira
5ºC Patricia Pose Ponte
6ºA Manuela López Cea
6ºB Marina Laura Fernández López
6ºC María Teresa Freiría Tato
Especialistas
Lingua Inglesa
Infantil, 1º e 2º EP Pablo Fernández Otero
3º e 4º EP Lidia Brenlla López
5º e 6º EP María Isabel Mallo Míguez
Educación Musical
Infantil e 1º EP Anxo Manuel Diéguez Romero
2º a 6º EP Mercedes Blanco Álvarez
Educación Física
1º e 2º EP Luís Anxo Sánchez García
3º e 4º EP Jesús García Vázquez
5º e 6º EP Miguel Ángel Enríquez Echevarría
Relixión Católica
Infantil Marta do Pilar Vieites Sabel
Infantil e Primaria Raquel Suárez Noya
Departamento de Orientación
Concepción Merayo Buján Orientadora                                                      
María Jesús Picher Núñez PT
Carolina Villar Álvarez PT
María Teresa Pérez González AL
Alba Ben Valle AL

Axenda escolar

Desde o EDLG do CEIP A Maía comprácenos compartir con toda a comunidade educativa as axendas escolares creadas polo portal de recursos web "Aulas Galegas". As axendas podense descargar de balde nas seguintes ligazóns:

Axenda alumnado:

https://drive.google.com/file/d/1tQcY57uhXtpyfcx-EJUxbrCtfYac8xfh/view

Axenda docentes:

https://drive.google.com/file/d/142eN-CCYJ3uGP2azRBvsTfX7W3-_nWLu/view 

VI Xornadas de Educación Infantil e Primaria

   Este sábado máis de 500 mestras e mestres de toda Galicia nos xuntamos no Auditorio de Abanca para asistir ás VI Xornadas de Educación Infantil e Primaria. O tema era "A escola que queremos". Estiveron David Bueno, doutor en Bioloxía e xenetista da Universidade de Barcelona que falou de educar coa sorpresa e o que dí a Neurociencia sobre a aprendizaxe. Susana Rodriguez Doutora en psicopedagoxía da Universidade da Coruña que presentou un informe do grupo de investigación de Psicoloxía educativa sobre os deberes escolares. Emilio Martín director da rede de centros en San Sebastián  presentou o sistema Amara Berri. O equipo directivo do CRA Antía Cal de Gondomar falaron de escola Pública viva e activa. Camino Pereiro Directora do CPI de Monfero e finalista dos premios Abanca da mellor docente de España  falou da súa experiencia personal como mestra e as dificultades que atopou. As mestras do Ceip de Tui presentaron o seu proxecto do patio dos seus soños e as do Cep de Redondela o de patios inclusivos para alumnos con TEA. E rematamos co coro de alumnos do IES Antón Fraguas no que Carlos Encisa demostrou que o que non pode faltar é a ilusión.

Ata sempre compañeiros!

  Despedimos ao rematar xuño aos nosos COMPAÑEIROS: Paco (titor de 5º de Primaria), Susana (Inglés), Sara (titora de Infantil), Carolina (Coordinadora do Equipo de Orientación) e Laura (música). Para Sara, era o seu primeiro ano na docencia desenvolvendo con profesionalidade o seu traballo, compartido ademáis co colexio de Roxos. Susana impartía inglés correndo entre os dous edificios, Carolina coordenou estos últimos cursos os numerosos casos que precisaban PT ou AL e Laura imparteu música nos derradeiros meses do curso.

    

   Para Paco remata agora a súa vida profesional e neste video vai unha cariñosa e divertida homenaxe de alumnos e representantes de pais e de profesores a un compañeiro que, desde que chegou ao colexio, nos acompañou sempre con tranquilidade, respeto, moitas TICS... e bo humor: O MESTRE PACO!

     A todos eles lles desexamos moita sorte nos seus novos destinos e a Paco en especial que disfrute nesta nova etapa!.

     Moitas grazas por acompañarnos!

 

Angeles e Isabel Abelleira: Premio Marta Mata de Pedagoxía

  Acaba de concederse en Barcelona o prestixioso Premio de Pedagogía Marta Mata 2016 á nosa directora Isabel  e a súa irmá Angeles Abelleira  da EEI do Milladoiro polo libro Os fíos de infantil. InnovArte Educación Infantil". Un traballo que recolle algunhas das experiencias entre os máis de mil post ao longo dos seis anos de publicación deste blog que é todo un referente na educación infantil e  que será publicado en español pola editorial Octaedro, en catalán por Rosa Sensat e en galego pola editorial Galaxia.

Parabens ás dúas!

   Deixo aquí o post que elas acaban de colgar no propio BLOG INNOVARTE no que contan a súa experiencia tanto no premio como ao longo dos anos na Educación Infantil.

   E, coma sempre, podedes seguir INNOVARTE desde a ligazón que está no blog da Biblioteca.

   A nova foi salindo ao longo da semana tanto na prensa catalana como na galega, nestas ligazóns: La Vanguardia , Faro de Vigo, Diari de l´Educació , e no Correo gallego así como na web de Rosa Sensat.

 

 

Proxecto ELISA: Estudo Lonxitudinal para unha Infancia Saudable

 

ELISA É UN ESTUDO LONXITUDINAL, PERO…QUÉ É ISO DUN ESTUDO LONXITUDINAL?

Un estudo lonxitudinal é un estudo que investiga a un mesmo grupo de xente de forma repetida ao longo do tempo (é dicir, hai varios momentos de avaliación ou recollida de datos). Polo tanto, ELISA vai estudar aos mesmos nenos/as durante varios anos.

Así, este ano ELISA vai empezar estudando ao grupo de nenos/as de entre 3 e 5 anos. O vindeiro curso, farase unha nova recollida de datos (seguimento 1) cando estes rapaces teñan de 4 a 6 anos. E por último, no seguinte curso, cando eses nenos/as teñan de 5 a 7 anos, farase outra avaliación (seguimento 2). Se esta primeira fase sae ben, o esperable é que o estudo teña maior continuidade ao longo dos anos.

 

 

POR QUE É IMPORTANTE UN ESTUDO LONXITUDINAL?

Cubrir varios cuestionarios e recoller información ao longo do tempo permítenos ver a evolución e o crecemento dos nenos/as e, polo tanto, axúdanos a ver o que inflúe de forma positiva ou de forma negativa na súa adaptación psicolóxica e social.

Podedes saber máis do proxecto no propio centro e nos seguintes enderezos:

http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/udipre/ELISA.html

 

https://www.facebook.com/proxectoELISA

 

Esperamos que esta información vos axude a acercarvos máis ao ELISA. Necesitamos da vosa participación, as melloras na calidade da educación fanse entre todos!

 

Despedidas

  Este curso que remata despedimos a varias compañeiras que nos acompañaron, algunhas só este último ano  e outras como Maca durante máis de 12 anos. Desde os seus postos no departamento de inglés (Gloria e Maca), nas clases de primaria (Hilda e Natalia) e o Departamento de Orientación (Carolina como orientadora e Ana en audición e linguaxe), todas elas contribuiron co seu esforzo e dedicación na boa marcha do colexio, participando ademáis nos Equipos de Dinamización do Galego, de Dinamización da Biblioteca e de Actividades Complementarias... Tamén despedimos a Andrea que veu como reforzo e foi un punto de apoio moi importante para educación infantil, a Xulia e Sandra (membros do equipo de Orientación), e a Vanesa (profesora de relixión) itinerantes e compartidas con outros centros.

     A todas elas lles agradecemos o seu traballo e dedicación e lles desexamos boa sorte nos seus novos destinos!

Periódico: Escuela

Distribuir contido