Novas

PROTOCOLO COVID: DECLARACIÓN RESPONSABLE E MODELO DE AUTO ENQUISA

 

Estimadas familias, tal e como se indica no Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de galicia para o curso 2020-2021

 

Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínico epidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.

 

No suposto de alumnado que poida ter a condición de vulnerable como consecuencia de patoloxías (agudas ou crónicas) que provoquen dependencia os criterios sanitarios que rexerán asistencia a clase ou, de ser o caso, a escolarización domiciliaria serán os que recomende médico ou pediatra.

É importante que saibades que a medición de temperatura ou a avaliación doutros síntomas compatibles coa COVID-19 será realizada por vós,  no seo da familia de forma diaria antes de acudir pola maña ao centro escolar.

 

 

Igualmente, debedes cubrir o documento de declaración responsable e facelo chegar polo neno ou nena ao seu titor ou titora nos primeiros días do curso.

 

Podedes acceder dende este enlace á auto enquisa e dende aquí ao documento de declaración responsable.

 

COMEZO DO CURSO 20/21

Estimadas familias, estamos traballando para que poidades envíar aos vosos fillos e fillas ao centro con seguridade.

Estamos recibindo chamadas constantes sobre aspectos que vos preocupan como plan COVID, organización de entradas e saídas, transporte, comedor, etc. Entendémolo,  pero toda a información a teredes nesta páxina web o  día 7 de setembro  á vosa disposición, non queremos facela pública antes xa que todo está suxeito a cambios. 

Agradecemos a vosa comprensión.

 

Recollida no centro dos libros do fondo solidario

Estimadas familias do alumnado beneficiario do fondo solidario para o curso 20/21,  deberan pasar a recoller e asinar a recollida nos seguintes días:

 

  • 4º de educación primaria:  xoves 3  e venres 4 de setembro en horario de 9 a 14.
  • 3º de educación primaria: luns 7 e martes 8 de setembro, en horario de 9 a 14.

PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

Estimadas familias, a partir do día 1 recibirán unha chamada telefónica indicándolle en que grupo e en que quenda se incorporará o seu fillo ou filla.

 

o horario dos distintos grupos e quendas segue a seguinte planificación:

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O CURSO 2020/21

4º  EDUCACIÓN INFANTIL

Primeira semana

Xoves 10 e venres 11 de setembro de 2020

 

QUENDA A: de 9:30h a 10:00h

 

         

 

QUENDA B: de 10:15h a 10:45h

 

 

QUENDA C: de 11:00h a 11:30h

 

Segunda semana

Do luns 14 ao venres 18 de setembro

 

QUENDA A: de 9:30h a 10:30h

 

 

QUENDA B: de 10:45h a 11:45h

 

QUENDA C: de 12:00h a 13:00h

Terceira semana

Do luns 21 ao venres 25

TODOS DE 10:00H A 13:00H

A partir do luns 28 de setembro

TODOS EN HORARIO COMPLETO de 9:05 h a 14:05h

 

Lembren que si solicitaron os  servizos complementarios, até o día 28 de setembro, data na que o seu fillo ou filla se incorporará en horario completo NON PODERÁN FACER USO DO TRANSPORTE ESCOLAR NIN DO SERVIZO DE COMEDOR.

 

VIDEO DO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

DESPEDIDA DESTE CURSO

Estimadas, nais, pais, familias:

Chegamos ao final deste curso atípico e desde o equipo directivo do CEIP A MAÍA queremos recoñecer e agradecer o traballo e implicación de toda a comunidade educativa:

  • Das mestras e dos mestres, que levaron a cabo o seu traballo nunhas condicións inéditas na historia educativa e achegando recursos materiais propios e horas de traballo incontables. Grazas.
  • Do persoal de administración e servizos, que mantiveron o centro nas mellores condicións materiais posibles e atenderon coma sempre a todas e todos os que estivemos por alí trala reapertura do centro para cuestións administrativas. Grazas.
  • Do Concello e Protección Civil, que ofreceron a súa colaboración para a impresión de tarefas e reparto do material informático. Grazas
  • Das familias, que amosaron unha grande preocupación e compromiso co mantemento do proceso de ensino - aprendizaxe, asumindo en moitos casos funcións que non lle correspondían, pero que tivestes que facelo para poder continuar. Grazas
  • Igualmente da ANPA, que sempre se mantivo en contacto con nós e ofrecendo a súa axuda. Grazas.
  • E, por suposto, das alumnas e dos alumnos: o máis importante que temos no centro e a nosa verdadeira razón de ser. Fixestes fronte a unha situación moi complexa e rematastes un curso no que, tras todo o voso traballo, merecedes unhas boas vacacións. Estamos moi orgullosos e orgullosas de vós. GRAZAS.

Entre todas e todos conseguimos que a escola pública continúe a ser; coma onte, hoxe e sempre, un servizo fundamental e insubstituíble para todas e todos. Grazas.

Boas e merecidas vacacións!

O equipo directivo do CEIP A MAÍA

 

 

 

AVISO IMPORTANTE PARA ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Como este curso é imposible facer a reunión presencial que tiñamos organizada coa directora do IES e con pais e nais do noso alumnado de 6º de educación primaria, dende o IES elaboraron esta guía para dar resposta a algunhas cuestións que sempre xurden no paso de primaria a secundaria. Podedes consultala aquí.

Igualmente, desede o IES poñen á vosa disposición as materias que forman parte da matrícula de 1º da ESO, podedes consultalas aquí.

 

Pola nosa parte, temos organizado a devolución dos ordenadores e tamén que poidades vir a recoller o voso material que quedou na aula. Para garantir a vosa protección e que non se produzan aglomeracións, cada titora fixou as seguintes datas: 

  • xoves 18 de xuño :6ºB (Manoli) -  horario de 10:00 h a 14:00 h
  • luns 22 de xuño: 6ºA (M.Salas) -  horario de 10:00 h a 14:00 h
  • martes 23 de xuño: 6ºC (M.Laura) -  horario de 10:00 h a 14:00 h

 

NORMAS DE ACCESO AO CENTRO

Pola seguridade de todas e todos, por favor, cumpran con estas normas si teñen que acceder ao centro para realizar algún trámite:

 

  • Entrada exclusivamente polo portal principal.
  • Seguir as indicacións do persoal do centro.
  • Uso obrigatorio de mascarilla.
  • Desinfección obrigatoria de mans.
  • Manter a distancia de seguridade (hai indicadores no chan)
  • Saída exclusivamente polo portal lateral.

 

Lembren que o horario de atención é de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

AVISO IMPORTANTE: FESTIVO E NON LECTIVO

Tal e como figura no calendario escolar deste centro, lembren que mañá xoves 21 de maio é festivo local e o venres 22 é o non lectivo concedido pola inspección educativa. 

Polo tanto, o centro permanecerá pechado para calquera trámite até o luns 25 de maio.

 

Powered by Drupal - Design by artinet