Novas
23 DE FEBREIRO: ROSALÍZATE
Estimadas nais, pais, familias.
O día 23 de febreiro conmemoraremos o Día de Rosalía.
A nivel de centro dispoñemos de materiais variados para traballar nas aulas e montaremos unhas instalacións “O xardín vertical de Rosalía”, con producións do noso alumnado. Ademais das actividades de carácter educativo que temos previstas no centro, como cada ano e en colaboración co Departamento de Dinamización do Concello de Ames, colaboraremos nas actividades propostas por el.
A proposta para este 2022 é unha actividade que está aberta a participación de toda a veciñanza.
Vanse instalar dúas estruturas a modo de photocall, unha na Travesía do Porto do Milladoiro e outra na Praza da Maía de Bertamiráns, entre o 15 e o 28 de febreiro. Nesas estruturas, ademais do pousadoiro, estarán dispoñibles máscaras rosalianas para que quen queira poida fotografase con elas (#rosalízate). A idea é que esas fotografías se suban ás redes acompañadas de versos rosalianos e do cancelo #rosalízate.
Nos documentos adxuntos podedes descargar as máscaras para empregar no photocall.
Ademais realizaranse as seguintes actividades:
TEATRO INFANTIL (a partir de 6 anos): Rosalía , o lugar onde medran as poetas (convites xa na Billeteira do concello de Ames). 17/02/22 ás 18.30 h. Casa da Cultura de Bertamiráns
-TEATRO ADULTO: Libre coma os paxaros, de Teatro do Atlántico (entradas xa na Billeteira do concello de Ames). 17/02/22 ás 20.30 h. Casa da Cultira de Bertamiráns
-Mural As Rosalías de Yoseba Muruzabal (inauguración o 23/02/22 ás 18.30 na Casa da Cultura do Milladoiro)
Información para as persoas que forman parte da rede de contactos dun caso esporádico da COVID-19 nun centro educativo
Ante a aparición de casos esporádicos nunha contorna específica dun centro educativo de educación infantil e primaria, non se identificarán contactos estreitos no centro. Non obstante, as persoas que formen parte da rede de contactos máis próxima a un caso positivo (persoal do centro e alumnado) deberán seguir unha serie de medidas preventivas durante os 10 días seguintes ao último contacto coa persoa positiva.
Estas medidas son as seguintes:
● Realice unicamente actividades que sexan esenciais para a súa vida diaria (Ex.: acudir ao seu posto de traballo/centro educativo ou realizar compras básicas).
● Manteña a distancia de seguridade con outras persoas de polo menos 1,5 metros e usar sempre a máscara. Evite as actividades que impliquen quitar a máscara se non se pode asegurar a distancia de seguridade. No caso de menores de 6 anos que non poidan facer un uso adecuado da máscara, recomendase valorar o uso de FFP2 para as persoas que vaian a estar a menos de 2 metros (Ex.: persoal do centro, compañeiros que poidan facer uso da máscara, familiares etc.)
● Lave as mans con frecuencia.
● Non acuda a eventos ou lugares con moitas persoas nin reunións social con familiares ou amigos.
● Evite contacto con persoas vulnerables como as persoas maiores ou enfermas.
● Vixie que non aparece ningún dos síntomas sospeitosos da COVID-19 e se aparece algún, quede na casa e pida unha cita telefónica no seu centro de saúde ou no 881 540 045 (consultar instrucións de illamento para o caso sospeitoso).
Información novas medidas Covid-19
Para coñecemento de toda a comunidade educativa achégase a ligazón aos diferentes documentos que durante a mañá de onte o Ministerio de Sanidade foi publicando no espazo específico de información para centros educativos:
- Propuesta de refuerzo y adaptación de las medidas de prevención COVID-19 en centros educativos y centros universitarios para el reinicio de la actividad presencial en enero de 2022.
- Adaptación de la guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-CoV-2 0
- Infografía de refuerzo de medidas COVID-19 centros educativos
Moitas grazas pola súa colaboración.
RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (IES DE AMES) PARA O CURSO 2022/2023
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
· Galego
· Castelán
REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS NO CONSELLO ESCOLAR
Unha vez realizadas as votacións para elixir os representantes de nais e pais que pasan a formar parte do Consello escolar deste centro, a Xunta electoral na súa reunión do 23 de novembro declara como representantes que pasan a formar parte deste órgano a:
Dª Otilia Güimil Vigo
D. Rubén Plaza Lavandeira.
En Bertamiráns, 24 de novembro de 2021
A Presidenta da Xunta Electoral
Mª Isabel Abelleira Bardanca
AXUDAS PARA MASCARILLAS CURSO 21_22
A Consellería de Educación vai repartir mascarillas entre o alumnado matriculado en primaria. Vanas recibir directamente o alumnado beneficiario das axudas de material escolar. O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar tendo dereito a ela pode entregar unha solicitude no colexio desde o 15 de novembro ata o 26 de novembro en horario de secretaría.
Alumnado destinatario:
- Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
- Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (PRESENTAR SOLICITUDE)
- Alumnado matriculado en Educación Especial, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% (PRESENTAR SOLICITUDE)
Poden consultar a documentación desta axuda nos seguintes enlaces:
MODELO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NAIS/PAIS AO CONSELLO ESCOLAR
0 prazo de presentación de candidaturas será do 04 ao 11 de Novembro (ámbolos dous inclusive) e debe entregar Vde. a súa solicitude na secretaría do centro, en horario de 9:15 h a 13:30 h.; o luns 8 poderanse presentar tamén en horario de tarde de 16:30 h a 18:30h.; ou remitila por correo electrónico:ceip.a.maia@edu.xunta.gal
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »