Novas

novas da Anpa

AVISO IMPORTANTE: ALERTA METEOROLOXICA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.

 

O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.

 

Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.

 

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

 

1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras. 

O noso centro pertence á zona do interior da Coruña, polo estaremos en seguimento das condicións climáticas e avisaremos dos cambios coa maior celeridade posible.

 

2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.

 

3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.

 

Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.

CIRCULAR INFORMATIVA: Consello Sectorial de Nenos e Nenas do Concello de Ames

Estimadas nais, pais, nenas e nenos

O Concello de Ames quere crear e poñer en funcionamento o Consello Sectorial de Nenos e Nenas do Concello de Ames; é un consello sectorial de características singulares dada a composición principal dos seus membros, polo que a falta dunha representación mediante entidades inscritas no rexistro municipal de asociacións procedese a unha representación directa dos nenos e nenas de 6 a 12 anos escolarizados no termino municipal de Ames.

A súa función primordial é incorporar as vivencias da poboación infantil e favorecer a intervención de nenos e nenas nos debates, propostas, suxestións, queixas respecto de calquera actuación municipal, así como ser informados e opinar sobre todas as actuacións doutras administracións públicas que actúen no municipio. Este Consello está inspirado na Convención dos Dereitos  da Infancia que inclúe a participación infantil como modo de visibilización dos seus dereitos. É un órgano onde se lles dará voz para que poidan participar activamente da vida municipal e onde poder expoñer as súas necesidades, puntos de visa.

O regulamento do Consello de Nenos e Nenas será aprobado polo Pleno do Concello e nel concretarase a súa organización, composición e funcionamento.

A composición sería a seguinte:

  • Presidencia : Será exercida polo titular da Alcaldía do Concello de Ames ou concelleiro/a no que delegue.

  • Secretaría: Será exercida por persoal técnico da concellería competente en materia de infancia.

  • Vogais. Os vogais será os seguintes: Vogais de representación política: un representante de cada grupo municipal no pleno do Concello de Ames. Cada grupo designará titular e suplente.

  • Vogais de representación infantil: 9 representantes do alumnado de 6 a 12 anos dos centros escolares de Ames ca seguinte composición: 3 representantes de 1º a 3º de educación primaria e 6 de 4º a 6º de educación primaria. Cada representante terá o seu suplente.

A representación dos nenos e nenas nunca será inferior á representación política, incrementándose, cando fora preciso, no grupo de 4º a 6º de educación primaria. Os representantes dos nenos e nenas renovaranse ao longo do mes de outubro de cada curso escolar.

Solicitarase de UNICEF o nomeamento dunha persoa en calidade de asesor/a permanente deste órgano.

Poderán asistir ás sesións do Consello con voz pero non voto, aquelas persoas e/ou asociacións que sexan convidadas pola presidencia ou a requirimento do Consello.

 

Si estades interesadas/os en que a vosa filla ou fillo presente candidatura para formar parte deste Consello, por favor, entregade a folla de presentación de candidaturas á titora ou titor antes do 8 de novembro.

MODELO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA

 

 

A DIRECTORA

 

DOCUMENTO DE COMPROMISO E MODELO DE AUTOENQUISA

 

Estimadas familias, tal e como se indica no Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de galicia para o curso 2020-2021

 

Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínico epidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.

 

No suposto de alumnado que poida ter a condición de vulnerable como consecuencia de patoloxías (agudas ou crónicas) que provoquen dependencia os criterios sanitarios que rexerán asistencia a clase ou, de ser o caso, a escolarización domiciliaria serán os que recomende médico ou pediatra.

 

Igualmente, debedes cubrir o documento de declaración responsable e facelo chegar polo neno ou nena ao seu titor ou titora.

 

Podedes acceder dende este enlace á auto enquisa e dende aquí ao documento de declaración responsable.

 

DISCULPAS DA DIRECCIÓN DO CENTRO

Estimadas familias,

Como vostedes ben saben, sempre somos extremadamente coidadosos e respectuosos cos datos de carácter persoal do noso alumnado, e isto só pode ser atribuído a un erro involuntario froito de un descoido do mestre especialista que fixo a programación. Cada mestre é o único responsable das súas programacións, ditas programacións son documentos públicos para toda a comunidade educativa, por iso, para facilitar o acceso ás mesmas se publican na web do centro.

É normal que cada mestre teña coñecemento das características do alumnado ao que lle imparte para poder actuar tendo en conta as individualidades de cada un e así poder adaptarse a cada nena e cada neno; o que non é normal é que eses datos aparezan nun documento público, como pasou nesta ocasión. Simplemente, entregou en dirección o documento que debía ser de uso particular para a impartición das súas clases. Aclarar que dende dirección compróbase que todos os documentos estean entregados pero non o contido de cada documento, posto que o contido é responsabilidade de cada mestre.

Como responsable do centro, reitero as miñas desculpas polo acontecido, saben que en canto se nos notificou o problema, de inmediato se solucionou,  e teñen o meu compromiso persoal e profesional de que non se volverá a repetir en ocasións futuras. Igualmente reciban as desculpas do mestre especialista que elaborou a programación.

Ao mesmo tempo, quixéramos facerlle unha petición a todas aquelas persoas que difundiron o documento, solicítaselle prudencia e cautela, posto que eles mesmos (sabemos que intentando avisar) están difundindo e revelando datos persoais. Así que lles solicitamos que deixen de facelo.

Reitero novamente as nosas desculpas e quedo á súa disposición para intentar solucionar este erro.

DÍA DA PAZ

Hoxe pola mañá todos os alumnos/as e profesores do noso Centro fixemos dous grandes símbolos da PAZ no patio do colexio. Foi o colofón ás actividades que nesta semana viñemos celebrando no colexio.

 

Powered by Drupal - Design by artinet