Educación física

Xogadores do Santiago Futsal visitan o colexio

    O martes 20 de marzo recibimos no centro a visita de 3 xogadores (Everton, Isma e Armando) do SANTIAGO FUTSAL. Os rapaces de primaria do Ceip A Maía asistiron por quendas ao longo de toda a mañán a unha pequena charla cos xogadores e coa xefa de prensa do equipo e puderon facerlles as preguntas que quixeron. Tamén asistiron á proxección dun video. E como remate os xogadores díronlles autógrafos e regaláronlles entradas para o partido do sábado 30.

As fotos da visita están no PDF adxunto

 É o club máis laureado do fútbol sala galego, con 7 Copas Xunta, 1 Copa de España, 1 Supercopa de España e 1 Recopa de Europa.   

           

Zulfa Muiño no Campionato de España de Atletismo: Triathlón

    Queremos felicitar aquí a unha alumna do colexio, Zulfa Muiño (atleta do clube Millaraio) que este fin de semana, en Valladolid, acadou a terceira posición no Campionato de España de atletismo na categoria infantil de Triathlon (80 metros lisos, xavalina e 2000 m de marcha).    

Parabéns Zulfa!

(máis información AQUÍ na páxina da Federación Galega de Atletismo)

 

Campións de España de clubes de Futsal

  As Escolas Deportivas Ames Alevín, Campións de España de Clubes de Futsal!. A nosa noraboa a todo o equipo, en especial a Adrián e Jaime, alumnos do noso cole!

  Para ver a noticia completa premede AQUÍ na web do Bertamiráns FC.

 

Unha imaxe dos campeóns recibidos no aeroporto polo Alcalde de Ames.

Distribuir contido